Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Química agrícola
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario O profesorado atenderá in situ as posibles dúbidas e conflitos durante a resolución dos problemas plantexados, sempre remarcando os aspectos máis relevantes que lle permitan adquirir as competencias específicas da materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio levaranse a cabo en grupos de entre 2-3 persoas sempre coa presenza de 1 ou 2 profesores que teñen asignadas ditas prácticas, quenes atenderán debidamente as dúbidas que poidan xurdir. O material necesario para executar ditas prácticas será posto a disposición do alumnado no primeiro día de prácticas.
Lección maxistral As sesións maxistrais levaranse a cabo por parte do profesorado responsable, incluíndo unha discusión da materia. Terán unha duración aproximada de 50 minutos e atenderanse as dúbidas ou preguntas que poidan xurdir.
Traballo tutelado O traballo proposto será tutelado polo profesorado responsable, con resolución de dúbidas tanto en horario de titorías como vía comunicación electrónica.
Saídas de estudo Explicación grupal por parte do persoal técnico especializado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000