Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Química agrícola
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Os seminarios que se plantexan pretenden incidir en aspectos clave da dinámica de nutrientes nos solos agrícolas. En concreto plantéxanse as seguintes cuestións:
1. Análise e diagnóstico da fertilidade dos solos
2. Cálculo da dose óptima de fertilizante
3. Análise e modelización de cinéticas de adsorción e desorción de nutrientes
4. Análise de curvas de neutralización de ácidos por parte dos solos
5. Análise do complexo de cambio en relación coa fertilidade do solo
6. Determinación do encalado dun solo.
Prácticas de laboratorio Plantéxanse as seguintes actuacións:
1. Determinación do fósforo e potasio asimilable.
2. Determinación de formas asimilables de nitróxeno: amonio e nitratos en diferentes solos.
Comparación de solos de cultivo con solos de bosque.
3. Determinación da capacidade adsorbente de P de diversos solos desenvolvidos sobre diferentes
materiais de partida. Construiranse curvas de adsorción e realizarase o axuste a diferentes
ecuacións. Levarase a cabo unha comparación dos resultados obtidos nos diferentes solos
relacionando a adsorción coas características dos solos usados.
4. Determinación da capacidade de intercambio catiónica (CIC). Comparación de diferentes
métodos.
5. Síntese e análise de diferentes fertilizantes en relación aos contidos de N, P, K, Ca e Mg.
6. Efectos a curto prazo da adición de diferentes fertilizantes ó solo sobre o pH e dispoñibilidade de
nutrientes. Determinación da capacidade de neutralización de ácidos de distintos solos.
Lección maxistral Explicarase cada tema dos propostos no apartado de contidos durante un tempo de 50 minutos,
aproximadamente. Algúns dos temas propostos necesitarán máis dunha sesión. Os temas serán discutidos en cada sesión polo alumnado e profesorado na medida necesaria. A participación activa será moi relevante á hora da avaliación.
Traballo tutelado Realizarase un traballo a proposta do profesorado en relación con problemas agrícolas atopados en casos ou estudos reais relacionados coa deficiencia ou exceso de micronutrintes esenciais para as plantas. Exporase o problema e unha posible solución agrícola sustentable para a súa subsanación.
Saídas de estudo Planéase facer unha ou dúas visitas a empresas produtoras de fertilizantes e/ou abonos, tanto químicos como orgánicos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000