Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Química agrícola
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Os seminarios que se plantexan pretenden incidir en aspectos claves da dinámica de nutrientes
nos solos agrícolas. En concreto plantexanse as seguintes cuestións:
1. Análise e diagnostico de solos
2. Cálculo da dose óptima de fertilizante
3. Análise e modelización de cinéticas de adsorción de nutrientes
4. Análise e modelización de curvas de adsorción
5. Análise do complexo de cambio en relación coa fertilidade
6. Comparación de diferente métodos de encalado
Prácticas de laboratorio Plantéxanse as seguintes actuacións:
1. Determinación do fósforo e potasio asimilable.
2. Determinación de formas asimilables de nitróxeno: amonio e nitratos en diferentes solos.
Comparación de solos de cultivo con solos de bosque.
3. Determinación da capacidade adsorbente de P de diversos solos desenvolvidos sobre diferentes
materiais de partida. Construiranse curvas de adsorción e realizarase o axuste a diferentes
ecuacións. Levarase a cabo unha comparación dos resultados obtidos nos diferentes solos
relacionando a adsorción coas características dos solos usados.
4. Determinación da capacidade de intercambio catiónica (CIC). Comparación de diferentes
métodos.
5. Análises de diferentes fertilizantes en relación os contidos de N, P e K .
6. Comparación de diferentes métodos para a determinación das necesidades de cal.
7. Efectos a corto prazo da adición de diferentes fertilizantes ó solo sobre o pH e dispoñibilidade de
nutrientes
Presentacións/exposicións Os alumnos elixiran un tema de entre os ofertados polo profesor que tratarán sobre temas
relevantes ou de interés social. Esto levarase a cabo en grupos de 3-5 alumnos/as. As exposicións
dos traballos levaranse a cabo nun tempo corto (non superior a 10 minutos) previo apoio do
profesor para a elaboración de dita presentación. O debate levarase a cabo entre grupos de tres
membros como mínimo
Sesión maxistral Explicarase cada tema dos propostos no apartado de contidos durante un tempo de 45 minutos
aproximadamente. Algíuns dos temas propostas van a necesitar dúas sesións. Posteriormente
farase un debate co obxectivo de remarcar os aspectos máis relevantes. O debate farase previa
formación de grupos permanentes de entre 3-5 personas
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000