Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Botánica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Tanto na modalidade de docencia presencial, semipresencial como non presencial mantense o sistema de avaliación continua.
Na modalidade semipresencial e non presencial, as leccións maxistrais e seminarios se manterán sen cambios, a excepción de que se impartirán utilizando a plataforma que dispoña a Uvigo (campus remoto ou similar).
No caso da docencia semipresencial mantéñense as prácticas de laboratorio e a práctica de campo en modalidade presencial.
No caso da docencia non presencial, se modifican as prácticas de laboratorio e a práctica de campo por outras actividades.

* Metodoloxías docentes que se modifican
So no caso de docencia non presencial
Prácticas de laboratorio. Realizaranse actividades utilizando recursos electrónicos e información dixital para traballar os mesmos contidos e competencias que nas prácticas de laboratorio.
Práctica de campo. Modifícase parcialmente. Elimínanse as actividades en campo e mantense a elaboración de herbario que será con rexistros fotográficos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse tras a solicitude do alumnado a través de plataformas dixitais ou mediante correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesario incluír bibliografía adicional

* Outras modificacións
Este guía docente está planificada para permitir que a docencia sexa impartida en calquera das modalidades: presencial, semipresencial e online.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Manteranse as cualificacións de tódalas actividades xa realizadas independentemente da modalidade de docencia.

* Probas pendentes que se manteñen
As probas para a modalidade semipresencial son as mesmas que as da modalidade presencial.
Seminarios: 15% da cualificación
Exame de preguntas obxectivas: 65%, realizarase de forma presencial salvo que a UVigo decida o contrario.
Practicas de laboratorio: 10% da cualificación
Practicas de campo e herbario: 10% da cualificación
No caso da modalidade non presencial se modifican as probas:
Practicas de laboratorio, prácticas de campo e herbario e a cualificación do exame final.

* Probas que se modifican
So na modalidade non presencial
Prácticas de campo, substitúese a parte correspondente a saída de campo por Estudos de casos. A cualificación será do 5%. Mantense a elaboración de herbario pero se realizará con rexistros fotográficos cunha cualificación do 5%.
Prácticas de laboratorio, substitúese por Estudo de casos (5%) e prácticas con apoio das TIC (5%). A cualificación será de 10%.
Exame final: Se modifica a cualificación máxima que será dun 35%. Esta cualificación se complementa coa realización durante o curso de cuestionarios de cada un dos bloques temáticos. Estes terán un valor máximo do 30% da cualificación.

* Novas probas
Estudo de casos. Analizaranse situacións co obxectivo de traballar os contidos e competencias das prácticas de laboratorio.
Prácticas con Apoio das TICs. Actividades con rexistros dixitais.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000