Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Empresa: Economía e empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe RA1 37.5 C8
D1
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que o alumno deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe RA1 37.5 C8
D1
D4
D6
Traballos e proxectos Os estudantes deberán ler un libro seleccionado polo profesor ao comenzo do curso. A temática do libro estará relacionada cos contidos explicados nas sesións maxistrais. Nembargantes, tamén se procura que as lecturas teñan un rol complementario, que poida aportar algún outro enfoque máis alá do estrictamente económico, como por exemplo no eido histórico, xurídico, político, científico, etc.
A avaliación da lectura do libro farase mediante un ensaio sobre algún tema relevante do libro que o alumno deberá redactar na aula. Ademáis dos contidos, avaliarase tamén a redacción en xeral. En particular, a capacidade de argumentación, cohesión no discurso, gramática e ortografía.
Resultado de aprendizaxe: RA1
15 A3
B1
C8
D1
D4
D6
D7
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os estudantes deberán realizar, fora da aula, exercicios e problemas propostos polo profesor. Posteriormente se correxirán na aula nuns días establecidos polo profesor.
Os exercicicos deberán presentarse a través da plataforma Faitic.
Resultado de aprendizaxe: RA1
10 C8
D1
D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para a edición de febreiro de 2017 haberá dúas formas de avaliación:

Opción
A: O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se
acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema  de
avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto
representen máis do 50% na nota final. Anunciarase a principio de curso
un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación
continua.

Opción B: O estudante que non se acolla ao sistema de
avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas
seguintes ponderacións: proba tipo test (40%), proba de resolución de
exercicios (40%) e exame do libro (20%).

- Para a edición de xullo de 2017 haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción
A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua
poderán conservar as notas dos catro tipos de probas realizadas.
Soamente poderán subir nota nas seguintes partes: Proba tipo test (35%),
Proba de resolución de exercicios (35%) e/ou exame do libro (20%).

-Opción
B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua
terán dereito a un exame final que abarcará unha proba tipo test (40%),
unha proba de resolución de exercicios (40%), un exame do libro de
lectura (20%).

Nota: Aos estudantes que seguiran o sistema de
avaliación continua se lles permitirá elixir tamén a opción B na
edición de xullo, pero será necesario a previa comunicación ao profesor.

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en
fin de carreira será avaliado únicamente con un exame final (que valerá
o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non
aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto dos alumnos.

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son
as seguintes:

Fin de Carreira: 28/09/2016, 16 h

Ordinaria: 28/10/2016, 16 h

Extraordinaria (xullo): 14/07/2017, 16 h

En
caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000