Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Matemáticas: Ampliación de matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizarase unha proba escrita para os tres primeiros temas da materia para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma. Cada proba terá un peso do 20%.
RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7, RA8
60 A3
A4
B1
B2
C1
D2
D3
D4
D5
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de forma individual dunha proba escrita final donde se avaliarán todos os contidos da materia.
RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7
40 A3
A4
B1
B2
C1
D2
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A modalidade de avaliación preferente é a avaliación continua. O/a estudante que desexe a avaliación global (o 100% da cualificación no exame oficial) debe comunicalo ao responsable da materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.

1. Avaliación continua

A nota final dun/ha estudante obterase mediante a suma das puntuacións obtidas en cada parte. Nesta modalidade, un/ha estudante estará aprobado/a cando a súa nota final sexa maior ou igual que 5.

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Avaliación global

O/A estudante que opte por esta modalidade será avaliado unicamente co exame fixado na data oficial, que valerá o 100% da nota. Un/ha estudante estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

3. Datas de avaliación

As datas de avaliación son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web http://fcou.uvigo.es:

Fin de carreira: 19 de setembro de 2023 ás 16:00h.

1ª Edición: 1 de abril de 2024 ás 10:00h.

2ª Edición: 3 de xullo de 2024 ás 16:00h

(en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro).

Compromiso ético

Aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro deanuncios e na páxina web http://fcou.uvigo.es.

Espérase que os estudantes presenten un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de :

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000