Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Física: Ampliación de física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avaliación das actividades propostas en clase, que son de entrega obrigatoria.
Resolución de boletíns, tanto de problemas como de cuestións teóricas, resolución de boletíns de problemas na aula, participación activa do alumnado en resposta as preguntas do profesorado e entrega de traballos sobre cuestións plantexadas polo profesorado para que os alumnos demostren a súa capacidade argumentativa.

Resultados de aprendizaxe: RA3 y RA4
30 A3
B1
B2
C5
D2
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame parcial do bloque de Termodinámica para avaliar os coñecementos adquiridos na metodoloxía de Lección Maxistral.

Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2 y RA5
35 A3
A4
B1
C5
D3
D4
D8
Exame de preguntas obxectivas Exame parcial do bloque de Electromagnetismo para avaliar os coñecementos adquiridos na metodoloxía de Lección Maxistral.

Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2 y RA5
35 A3
A4
B1
C5
D3
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Asistencia a clase:

É condición indispensable realizar os seminarios (asistir ao 100% das horas
de seminarios) para poder aprobar a materia. Os alumnos que non poidan asistir
por razón xustificada deberán porse en contacto coa responsable da materia
durante as dúas primeiras semanas de clase mediante e-mail (á dirección
ialvarez@uvigo.es).

2) Requisitos para aprobar a materia:

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno
que desexe a Evaluación Global (100% da calificación no exame oficial) debe
comunicalo ao responsable da materia, por email ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia.

Exames: no caso da Avaliación Continua, é obrigatorio aprobar os dous exames
parciais para poder aprobar a materia. No caso da Avaliación Global, é
obrigatorio aprobar o exame final para poder aprobar a materia.

Seminarios: a cualificación neste apartado será a suma das
obtidas en cada unha das entregas que se realice e poderá chegar ao 30% da nota
global (para o alumno que realizase todas correctamente). Cando se constante
que algunha entrega foi copiada nunha extensión que o responsable da materia
considere substancial, esa entrega valorarase  cun -10% da nota total da
materia.

Cualificación da materia: para o alumno que non supere os
exames, a cualificación da materia será a dos exames, sen sumárselle a parte
correspondente a "Seminarios". O alumno que teña algunha
cualificación (xa sexa en seminarios ou nos exames) non poderá levar a nota de
"Non Presentado"

3) Convocatoria de fin de carreira: o alumno que
opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que
valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non
aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.

4) Avaliación Xullo: na segunda edición, en xullo, o
alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota da metodoloxía de
"Seminarios" (valorada co 30% da nota total) e que o exame represente
un 70% da nota global, ou que non se lle manteña (nese caso o exame representará
o 100% da nota). A opción por defecto será manter as notas da metodoloxía de
"Seminarios".

5) Exames:

As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias:

Fin de carreira: 21 de setembro 2023 ás 16:00h.

1ª Edición:
3 junio 2024 ás 10:00h.

2ª Edición:
5 de xullo 2024 ás 16:00h.

(en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as
aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do
Centro)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000