Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
1.- MODALIDADE MIXTA. Nesta modalidade unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto e Ferramentas de Teledocencia da Universidade de Vigo
1.1.- ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesións Maxistrais, Seminarios, Prácticas de Laboratorio e Saídas de Campo, adaptándonos ás medidas e distancias de seguridade.
1.2.- ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
- Fin de Carrera. O exame será presencial, salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas, e supón o 100% da nota.
- 1ª Edición e 2ª Edición:
* Exame. Nesta Modalidade Mixta realizásese a través do Campo Remoto ou Ferramentas de Teledocencia, salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas.
** Traballo Tutelados, Seminarios e Prácticas non sofren variación
1.3.- TUTORIAS. As titorías realizaranse no despacho virtual do profesor, solicitando cita previa aos seus respectivos correos electrónicos.

2.- MODALIDADE NON PRESENCIAL. Toda a docencia realizarase a través do Campus Remoto e Ferramentas de Teledocencia da Universidade de Vigo
1.1.- ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
** Sesións Maxistrais, Seminarios e Traballos Tutelados : Realizásense a través do Campus Remoto e/ou Ferramentas de Teledocencia.
** Prácticas: Substituiranse por traballos de lectura de artigos, vídeos, etc., sobre os que o alumno terá que realizar resumos ou contestar a cuestionarios, gardándose para eles a nota do 10% estipulada na modalidade presencial.

1.2.- ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
- Fin de Carrera. O exame será a través do Campus Remoto e/ou Ferramentas de Teledocencia, salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. Supón o 100% da nota
- 1ª Edición e 2ª Edición:
* Exame. Nesta Modalidade Non Presencial realizásese a través do Campo Remoto ou Ferramenta de Teledocencia, salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas.
** Traballo Tutelados. Utilizásense as Ferramentas de Teledocencia e/ou Campus Remoto
* Seminarios e Prácticas. A avaliación realizarase utilizando Ferramentas de Teledocencia.
1.3.- TUTORIAS. As titorías realizaranse no despacho virtual de cada profesor, solicitando cita previa aos seus respectivos correos electrónicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000