Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Física: Física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avalíase co exame escrito: *RA1, *RA2, *RA3, *RA4, *RA5, *RA6, *RA7 e *RA9. 40 A3
A4
B1
B2
C5
D2
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio Avalíase co exame e a memoria o *RA8. 25 D2
Seminario Avaliación continua dos boletíns de exercicios e cuestións curtas. Avalíanse *RA7 e *RA9 35 C5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente), aínda que o alumnado poderá dispor como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a avaliación global (100% da nota no exame oficial) deberán
comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico (tovar@uvigo.gal) ou a través da
plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o inicio da
impartición da docencia da materia.


A realización con éxito das practicas e condición esencial para
superar a materia. As faltas de asistencia as prácticas si están debidamente
xustificadas, compensaránse con outras tarefas.




Convocatoria Fin de Carreira: 20 de Setembro de 2023, ás 10 h.
Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado só co exame (100% da nota). No  caso de non asistir ao exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado igual que os demais estudantes.
Convocatoria común fin de bimestre: 19 de Xaneiro de 2024, as 16 h.
Convocatoria extraordinaria, segunda oportunidade: 4 de Xullo de 2024, as 10 h.
No caso de erro nas datas dos exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.
Sistema de avaliación de estudantes con responsabilidades laborais: Será esencialmente igual ó dos restantes alumnos. Terase en conta a situación persoal de cada un, para facilitarlle a avaliación dos seminarios. En canto á avaliación das prácticas, terá que facelas e realizar o correspondente exame-cuestionario que ordinariamente é on-line.
Na convocatoria de Xullo o alumno poderá ser avaliado con 100% da nota, sendo necesaria a nota de practicas (aprobado), no caso de que non fixera as practíca, tería que responder a preguntas especificas de practicas, dentro do exame teórico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000