Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Física: Física
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== ADAPTACIÓN DA METODOLOXIA ===
Metodoloxías docentes durante a Modalidade mixta:

No caso de que, seguindo as directrices sanitarias relacionadas coa COVID-19, e que a aula destinada non permita a asistencia presencial de todos/as os/as matriculados, estableceranse quendas de asistencia presencial a sesións maxistrais e de seminarios. Os alumnos/as que non formen parte das quendas presenciais, seguirán a sesión maxistral e seminarios a través do Campus Remoto e/ou daqueloutras ferramentas que a Universidade de Vigo poña a disposición de profesorado e alumnado. As quendas garantirán que todo o alumnado teña opción de asistir presencialmente a un mínimo número de horas de sesións maxistrais e seminarios.
Na modalidade mixta, as prácticas serán presenciais e durante o seu desenvolvemento deberase empregar máscara de acordo coas directrices sanitarias en vigor. O traballo tutelado desenvolverase sen cambios respecto do establecido seguindo a docencia presencial, excepto co establecemento de cita previa para as tutorías e que estas serán non presenciais empregando as salas de profesorado do Campus Remoto.

Metodoloxías durante a Modalidade non presencial:

En caso dun escenario de confinamento no que a docencia deba impartirse na súa totalidade na modalidade on-line, as sesións maxistrais e seminarios desenvolveranse mediante o emprego de aulas virtuais do Campus Remoto e/ou daqueloutras ferramentas que a Universidade de Vigo poña a disposición de profesorado e alumnado.
Neste escenario, as prácticas de laboratorio desenvolveranse mediante unha presentación das actividades que realizarían a través das mesmas ferramentas que as sesións maxistrais e seminarios. Coa finalidade de poder conseguir o maior número de competencias asociadas ás prácticas, facilitaráselles os resultados das actividades prácticas para que poidan elaborar o informe de prácticas, parte da avaliación da materia, así como a explicación pertinente de como deben realizar este informe en base aos resultados proporcionados.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías): tutorías, concertadas previamente, mediante o emprego das salas de Profesorado Virtual que proporciona o Campus Remoto.

Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe: si é necesaria, facilitaráselles ao alumnado oportunamente a través das plataformas de teledocencia dispoñibles a tal efecto.

Outras modificacións: non se prevén novas modificacións significativas respecto da guía docente.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Avaliación durante a Modalidade mixta:

Nestas circunstancias, cabe esperar que o exame das sesións maxistrais e o das sesións de seminarios póidanse realizar presencialmente (en quendas de ser preciso) salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. Deste xeito, a avaliación na modalidade mixta non se verá afectada respecto do sistema proposto na guía docente (apartado 7). Tampouco se verá afectada a avaliación correspondente ás actividades prácticas.

Avaliación durante a Modalidade online:

Neste escenario, e dependendo do que indiquen as autoridades académicas, o exame das sesións maxistrais e o correspondente ás sesións de seminarios poderían terse que realizar online. Para iso empregaríanse as ferramentas de teledocencia que a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado e alumnado. Nestas circunstancias, os pesos atribuídos a cada unha das metodoloxías docentes vanse a cambiar tendo en conta que o exame final contará cun 40% da nota , a cualificación de practícalas será un 25% (idem que na modalidade presencial), e a cualificación dos seminarios será un 35% .

Novas probas: non se considera a necesidade de novas probas de avaliación en caso de docencia mixta ou docencia online.

Información adicional: en caso de ser precisa, achegarase ao alumnado mediante comunicación a través das plataformas de tele-docencia dispoñibles a tal efecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000