Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Bioloxía: Bioloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Tanto na modalidade de docencia presencial, semipresencial como non presencial mantense o sistema de avaliación continua.
Na modalidade semipresencial e non presencial, as leccións maxistrais, seminarios e traballo tutelado se manterán sen cambios, a excepción de que se impartirán utilizando a plataforma que dispoña a Uvigo (campus remoto ou similar).
No caso da docencia semipresencial mantéñense as prácticas de laboratorio en modalidade presencial.
No caso da docencia non presencial, se modifican as prácticas de laboratorio por outras actividades.

* Metodoloxías docentes que se modifican
So no caso da docencia non presencial:
Prácticas de laboratorio. Realizaranse actividades utilizando recursos electrónicos e información dixital para traballar os mesmos contidos e competencias que nas prácticas de laboratorio.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse tras a solicitude do alumnado a través do despacho virtual ou mediante correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesario incluír bibliografía adicional.

* Outras modificacións
Este guía docente está planificada para permitir que a docencia sexa impartida en calquera das modalidades: presencial, semipresencial e online.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
No caso dun cambio de modalidade a hora de impartir a materia, manteranse as cualificacións de tódalas actividades xa avaliadas.

* Probas pendentes que se manteñen
As probas pendentes que se manteñen son as mesmas para a modalidade presencial e semipresencial.
Resolución de problemas e/ou exercicios: 15% da cualificación
Traballo tutelado: 5% da cualificación
Memoria de prácticas de laboratorio: 10% da cualificación
Exame de preguntas obxectivas: 70%, realizarase de forma presencial salvo que a UVigo decida o contrario.

* Probas que se modifican
So para modalidade non presencial
A memoria de prácticas de laboratorio substitúese por Estudo de casos. A cualificación será do 10%.
Se modifica a cualificación máxima do exame ata un máximo do 40%. Esta cualificación su complementará coa elaboración de cuestionarios de cada bloque temático ao longo do curso, cun valor máximo de 30%.

* Novas probas
So para modalidade non presencial.
Estudo de casos. Analizaranse distintos feitos e situacións co obxectivo de traballar os contidos e competencias das prácticas de laboratorio.
Cuestionarios de cada bloque temático

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000