Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Degradación e recuperación de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A valoración dos coñecementos adquiridos ao longo do curso realizarase mediante a realización dunha proba final que poderá ser de tipo test ou de resposta curta 0
Seminarios Avaliarase a asistencia e participación nos seminarios mediante a realización de probas específicas para cada un deles.
Valorarase a capacidade do alumno para analizar as diferentes caras dun mesmo problema e de formular propostas e solucións prácticas e enxeñosas.
Valorarase o espírito crítico e a actitude respectuosa e positiva do alumno á hora de debater as cuestións que poidan resultar polémicas.
25
Presentacións/exposicións Valorarase a claridade de conceptos, a organización do tema, a calidade e orixinalidade da presentación ppt., a claridade da exposición oral, a coordinación do grupo e o control do tempo. 25
Prácticas de laboratorio Prestarase especial atención á explicación dos fundamentos da práctica e á interpretación do significado dos resultados obtidos.
<br><br>A asistencia ás prácticas é obrigatoria
25
Probas de tipo test Valoraranse os coñecementos adquiridos, a capacidade de relacionalos entre si e a comprensión do seu significado práctico. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas de avaliación terán lugar nas seguintes datas:


Fin de carreira: 24 de septembro ás 10h.


1ª edición: 14 de xaneiro ás 10h.


2ª edición: 6 de xullo ás 10h.


A proba final é eliminatoria e será necesario alcanzar o 50% da nota para poder aprobar a materia. Unha vez superada esta proba sumaránselle as demais puntuacións. As puntuacións das demais actividades terán validez ao longo de cada curso académico e serán sumadas á da proba final, tanto na convocatoria oficial coma na extraordinaria.


Os alumnos que, por motivos previamente xustificados, non puidesen asistir a clases deberán realizar o mesmo exame final que os seus compañeiros e unha serie de actividades complementarias, pactadas previamente coa profesora da materia, tendo en conta as peculiaridades do alumno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000