Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Degradación e recuperación de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A valoración dos coñecementos adquiridos ao longo do curso realizarase mediante a realización dunha proba final que poderá ser de tipo test ou de resposta curta 0
Seminarios Avaliarase a asistencia e participación nos seminarios mediante a realización de probas específicas para cada un deles. 15
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a capacidade do alumno para analizar as diferentes caras dun mesmo problema e de formular propostas e solucións prácticas e enxeñosas. 15
Debates Valorarase o espírito crítico, a capacidade para analizar as diferentes caras dun mesmo problema e de formular propostas e solucións prácticas e enxeñosas. Valorarase especialmente a actitude respectuosa e positiva do alumno á hora de debater as cuestións que poidan resultar polémicas. 15
Presentacións/exposicións Valorarase a claridade de conceptos, a organización do tema, a calidade e orixinalidade da presentación ppt., a claridade da exposición oral, a coordinación do grupo e o control do tempo. 15
Prácticas de laboratorio Prestarase especial atención á explicación dos fundamentos da práctica e á interpretación do significado dos resultados obtidos.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria
15
Probas de tipo test Valoraranse os coñecementos adquiridos, a capacidade de relacionalos entre si e a comprensión do seu significado práctico. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000