Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Operacións básicas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante os seminarios, pedirase aos alumnos que, individualmente
ou en grupo, entreguen a resposta a un problema. Isto farase en 5-10 ocasións durante o curso e sen previo aviso.
10
Traballos tutelados Os alumnos elaborarán un traballo que entregarán en formato
papel
5
Prácticas de laboratorio A asistencia a prácticas é obligatoria. Ao acabar, o grupo deberá entregar unha memoria das mesmas. 10
Presentacións/exposicións Cada grupo exporá o seu traballo utilizando ferramentas informáticas. O profesor poderá elixir qué membros do grupo terán que facer a exposición. 5
Probas de resposta curta Exame con preguntas curtas ou de tipo test. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso, proporanse entre 5 e 10 problemas que os
alumnos deberán resolver fóra de clase e entregar ao profesor.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame con 3 problemas da materia 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, débense cumprir as seguintes condicións:

- obter polo menos un 4 (sobre un máximo de 10) nos dous exames (Proba de resposta curta ou test e exame de problemas) e obter un mínimo de 5 tras contabilizar as outras partes avaliadas. Aqueles alumnos que non teñan a nota mínima de 4 nalgún dos exames, terán en actas a seguinte nota: a) a resultante de aplicar o método de avaliación descrito na guía se ésta é inferior a 5 e, b) 4.9 (suspenso) se o resultado fose superior a 5.

- Realizar as prácticas de laboratorio e entregar a memoria

- Realizar o traballo tutelado e a súa exposición en clase

- Realizar polo menos 10 entregas (contabilizando os problemas realizados en clase e fóra de clase)

Durante o curso farase un parcial (exame non oficial). Considérase superado o parcial cando se obteñan polo menos 5 puntos en cada parte (teoría e problemas). Aqueles alumnos que superen o parcial, somentes terán que examinarse da parte restante nas dúas edicións de exame oficial (maio e xullo) do ano académico en curso.

Para as seguintes convocatorias (fin de carreira e anos académicos sucesivos), o exame será de toda a materia.

Os alumnos que opten pola modalidade non presencial  deberán de comunicalo ao comezo do curso e serán avaliados mediante a realización dun exame con tres partes (teoría, problemas e prácticas de laboratorio). Este sistema será aplicado tamén ós alumnos con responsabilidades laborales (ou de índole simliar) e que non vaian a asistir a clases.

Os exames oficiáis realizaránse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade. Para o curso académico 2014-15 as datas son:

- Convocatoria Fin de Carreira: 25 de setembro ás 16:00h

- Convocatoria ordinaria 1ª edición: 25 de maio ás 10:00h

- Convocatoria ordinaria 2ª edición: 8 de xullo ás 10:00h

A data do exame parcial (non oficial) será elexida polos alumnos en votación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000