Para superar a materia, débense cumprir as seguintes condicións:
- Obter polo menos un 4 (sobre un máximo de 10) nos dous exames (Proba de resposta curta ou test e exame de problemas) e obter un mínimo de 5 tras contabilizar as outras partes avaliadas.
- Realizar as prácticas de laboratorio e entregar a memoria. - Realizar o traballo tutelado e a súa exposición en clase. - Realizar polo menos 10 entregas (contabilizando os problemas realizados en clase e fóra de clase).
Durante o curso farase un parcial (exame non oficial) e un final (convocatoria oficial). Os alumnos que superen o parcial, no final soamente terán que examinarse da parte restante. Considérase superado o parcial cando se obteñan polo menos 5 puntos en cada parte (teoría e problemas). Para a segunda convocatoria, utilizarase o mesmo sistema. Os alumnos que opten pola modalidade non presencial deberán de comunicalo ao comezo do curso e serán avaliados mediante a realización dun exame con tres partes (teoría, problemas e prácticas de laboratorio).
Os exames oficiáis realizaránse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade. A data do exame parcial (non oficial) será elexida polos alumnos en votación.
|