Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Empresa: Economía e empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exames escritos: Haberá un exame parcial liberatorio e un exame final que se celebrará na data oficialmente establecida. 100
Probas de tipo test 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira Oportunidade:

Haberá un exame parcial liberatorio da primeira metade da materia e un exame final que se realizará na
data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen
o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte
do programa. Os alumnos que non superen o exame
parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final. A nota
obterase como a media aritmética das dúas partes da materia ou, en caso
de suspender o exame liberatorio, a nota do exame final.

Segunda Oportunidade:

Os alumnos que obteñan unha puntuación inferior a 5 puntos na nota da 1ª oportunidade deberán presentarse na 2ª oportunidade para superar a materia. Na 2ª oportunidade, o alumno deberá realizar un exame final escrito de natureza similar ao da primeira convocatoria na data oficialmente establecida.

Nas probas de avaliación é necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento de este requisito pode ter como consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000