Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Edafoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios
<br>
<br>Avaliarase a asistencia e participación nos seminarios mediante a realización de probas específicas para cada un deles. As devanditas probas consistirán na entrega dunha ficha ou memoria ou na avaliación do traballo realizado nas sesións de simulación con ordenador.
<br>
20
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas é obrigatoria 0
Presentacións/exposicións
Terase en conta a participación nas diferentes actividades propostas no transcurso das sesións maxistrais e a capacidade de traballo en grupo.
10
Sesión maxistral

A valoración dos coñecementos adquiridos ao longo do curso realizarase mediante a realización dunha proba final que poderá ser de tipo test ou de resposta curta.
50
Informes/memorias de prácticas Prestarase especial atención á explicación dos fundamentos da práctica e á interpretación do significado dos resultados obtidos 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas de avaliación terán lugar nas seguintes datas:


Fin de carreira: 25 de septembro ás 16h.


1ª edición: 12 de xaneiro ás 16h.


2ª edición: 1 de xullo ás 16h.


A proba final é eliminatoria e será necesario alcanzar o 50% da nota para poder aprobar a materia. Unha vez superada esta proba sumaránselle as demais puntuacións. As puntuacións das demais actividades terán validez ao longo de cada curso académico e serán sumadas á da proba final, tanto na convocatoria oficial coma na extraordinaria.


Os alumnos que, por motivos previamente xustificados, non puidesen asistir a clases deberán realizar o mesmo exame final que os seus compañeiros e unha serie de actividades complementarias, pactadas previamente coa profesora da materia, tendo en conta as peculiaridades do alumno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000