Código |
Descrición |
A1 |
CG6: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes. |
A3 |
CG8: Coñecemento axeitado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente. |
A4 |
GC9: Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos. |
A8 |
CE1.- Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñaría. |
A9 |
CE2.- Aptitude para aplicar os coñecementos sobre álxebra lineal, xeometría, xeometría diferencial, cálculo diferencial e integral, ecuacións diferenciais e derivadas parciais, métodos numéricos, algorítmica numérica, estatística e optimización. |
A12 |
CE5.- Coñecementos básicos de química xeral, química orgánica e química inorgánica e as súas aplicacións á enxeñaría. |
B1 |
CG1: Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico. |
B2 |
CG2: Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación. |
B3 |
CG3: Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación. |
B4 |
CG4: Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade da contorna. |
B5 |
CG5: Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais. |