Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Técnicas de depuración de augas residuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase con preguntas curtas no exame oficial da asignatura (ata 2,5 puntos)

Avalíanse os RA1, RA2 e RA3
25 B1
C1
C3
C4
C5
C15
C18
C20
D3
D4
Resolución de problemas Avaliaránse no exame da asignatura mediante exercicios similares aos resoltos na clase (ata 1,5 puntos)

Avalíanse os RA1 e RA4
15 B1
C5
D1
D4
D5
D9
Estudo de casos Valorarase a asistencia, actitude e participación mediante a entrega de probas curtas, resolución de exercicios e webquests realizados de modo individual ou en grupo (ata 2 puntos).
Traballo dun caso realizado de modo individual co fin de seleccionar unha alternativa de tratamento nun suposto práctico (ata 2 puntos).

Avalíanse RA1, RA2 e RA3
40 A3
A4
B1
C3
C5
C18
C19
C20
D1
D3
D4
D5
D9
Prácticas de laboratorio Valorarase:
1) a asistencia e actitude (0,5 puntos)
2) tratamento de datos (0,5 puntos)
3 as respostas a preguntas curtas ou tipo test no exame da asignatura (1 punto)

Avalíase RA2
20 B1
C3
C4
C5
C18
C20
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación
Continua. O estudante que desexe a Avaliación Global (100% da nota do exame
oficial) deberá comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou
a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da
impartición da materia.



Avaliaranse as seguintes actividades, valoradas ata o que se indica:
Entrega de probas curtas, exercicios e webquest: 2,0 puntos
Entrega de traballo dun caso práctico: 2,0 puntos
Prácticas: 2,0 puntos
Exame, teoría: 2,5 puntos
Exame, exercicios: 1,5 puntos

A valoración das actividades manterase para a segunda convocatoria da materia. En todas as modalidades, para superar a materia requírese unha nota mínima de 3 sobre 10 no exame. Convocatoria de fin de grao: o alumno que opte por presentarse ao exame final será avaliado só co exame (que valerá o 100% da nota). Se non asiste a dito exame, ou non o supera, será avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado.

Os exames da materia realizaranse na data e hora indicadas: 1 de abril de 2024 ás 10.00 horas (1a edición); 9 de xullo de 2024 ás 10:00 horas (2a edición); 25 de setembro de 2023 ás 16:00 (Fin da carreira).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000