Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Xestión e conservación da auga
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Sesión maxistral. Participación e
asistencia (en persoa).
Resultados de aprendizaxe a seren avaliados: RA1-RA4
5 A3
A4
C5
C6
C7
C12
C15
D1
D3
D4
D5
D9
Seminario Calidade do material solicitado: entrega dos casos prácticos,
problemas, análise de situación
e exercicios de seminarios (cara a cara ou de forma remota)
Resultados de aprendizaxe a seren avaliados: RA1-RA4.
15 A3
A4
B1
B2
C5
C6
C7
C12
C15
D1
D3
D4
D5
D9
Prácticas de laboratorio Realización das prácticas de laboratorio e entrega do correspondente informe
(cara a cara).
Resultados de aprendizaxe a seren avaliados: RA1-RA4.
15 A3
A4
B1
B2
C4
C5
C6
C7
C12
C15
D1
D3
D4
D5
D9
Traballo tutelado Deseño dun traballo no que o alumnado debe de elaborar un documento sobre un aspecto ou tema en concreto. Será avaliado mediante exposición do mesmo (cara a cara).
Resultados de aprendizaxe a seren avaliados: RA1-RA4.
25 A3
A4
B1
B2
C6
C7
C12
C15
D1
D3
D4
D5
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios As preguntas de proba de tipo de resposta curta extraeranse dos
aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvidos nas
sesións maxistrais.

Para que poida levarse a cabo a avaliación continua, é
dicir, a suma dos méritos obtidos en diferentes seccións, é
necesario alcanzar, polo menos, o 40%
do valor desta proba.

Resultados de aprendizaxe a seren avaliados: RA1-RA4
40 A4
C4
C5
C6
C7
C12
C15
D1
D3
D4
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse neste apartado da guía docente distintas posibilidades de
avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de
bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira.

CONVOCATORIA FIN DE BIMESTRE/CUADRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO:

persoa matriculada escollerá sequere ser avaliada de xeito continuo ou final (explícanse a continuación as diferentes condicIóns para cada unha delas) e debe comunicar á persoa coordinadora da materia a cal se acolle. 

Nos dous casos, aínda que con distinto peso con respecto á nota final, é obrigatoria a realización dunha proba final de tipo test ou de desenvolver preguntas. O detalle das formas de avaliación a escoller é o seguinte: 

a) Avaliación continua: puntúase a calidade dos traballos ou probas realizadas pola/o estudante durante o bimestre mediante a avaliación de diferentes aportacións. Tamén se ten en conta a valoración dun traballo tutelado e a súa exposición. Asemade, as prácticas serán avaliadas. 

Desta maneira, a nota final (NF) da asignatura estará conformada por: exame final (EF=40%) + seminarios (S=15%) + traballo tutelado (TT=25%) + Prácticas (P=15%) + Asistencia e participación (AP=5%) 

NF(100%) = EF(40%) + S(15%) +TT(25%) + P (15%) + AP (5%). 

O exame final será un exame único de preguntas test ou de desenvolver que poderá incluir preguntas das sesións teóricas, prácticas e traballos titorizados. Neste tipo de avaliación, é condición que se alcance polo menos un 40% da nota do exame final (EF) para que o resto das probas poidan ser contabilizadas na nota final (NF). As puntuacións terán validez ó longo de cada curso académico e serán sumadas á do exame final, tanto na convocatoria fin de bimestre como na segunda oportunidade sempre que a persoa matriculada así o exprese. A calificación dos alumnos acollidos ao sistema de avaliación continua manterase para a segunda convocatoria por unha soa vez sempre que acaden un mínimo dun 40% sobre 100 na avaliación inicial. 

b) Avaliación global: non se realiza o traballo tutelado e non se teñen en conta as puntuacións obtidas nas achegas dos seminarios. Neste caso a avaliación será o 100% da calificación do exame oficial. Para escoller esta opción, debe de ser comunicado previamente ao coordinador da materia, por email (andresrodriguezseijo@uvigo.gal) ou a través de Moovi, nun plazo non superior ao primero mes de docencia. Para aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade profesional fóra do ámbito universitario (debidamente acreditada mediante copia oficial do contrato de traballo) que lles impida unha presencialidade superior ao 15% nas sesións maxistrais, nos seminarios e nas prácticas, a avaliación se fará de acordo á avaliación final (100% de valor do exame final).

No caso de non comunicar ningunha opción, entenderase que o alumno escolle a opción de avaliación continua.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

A persoa matriculada que opte por examinarse en fin de carreira será avaliada únicamente co exame (que valerá o 100% da nota). NF=EF. No caso de non asistir ou de non aprobar dito exame, pasará a ser avaliada ó igual que o resto dos/as estudantes. 

Datas de exames: 

Fin de carreira: 27/09/2023 ás 16:00h. 
Abril: 5/04/2024 ás 10:00 
Xullo: 11/07/2024 ás 10:00. 

No caso de erro na transcrición das datas de exames ou modificación posterior á elaboración desta guía docente, as datas válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web del Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000