Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Degradación e restauración de ecosistemas acuáticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións procederase a pór en coñecemento dos estudantes e explicar os distintos contidos
do temario (bases teóricas, directrices de traballo, exercicios a desenvolver) mediante exposición
por parte do profesor coa axuda de TICs. As sesións maxistrais terán unha duración de 50
minutos, dedicando o resto da sesión recalcar os aspectos máis relevantes.
Seminario Os seminarios dedicaranse a profundizar e incidir nalgúns casos especiais sobre tipos de ecosistemas acuáticos pouco coñecidos, así como sobre casos particulares de degradación de estes medios e exemplos de restauración.
Prácticas de laboratorio O profesorado planificará as diferentes prácticas en relación aos contidos da materia de xeito que
os estudantes podan aplicar e completar algúns dos coñecementos teóricos que se imparten. Proxéctanse 3 sesións dunhas 3 horas cada unha.
Prácticas de campo Se realizará unha actividade práctica de campo que se destinará a tomar medidas de diferentes parámetros físico-químicos en ecosistemas acuáticos que amosen diferente grado de degradación. Esta actividade complementará ás prácticas de laboratorio.
Traballo tutelado A actividade consiste na realización dun traballo en grupo (2-3 estudantes) sobre algún tema
relacionado coa degradación e restauración dos ecosistemas acuáticos a proposta dos estudantes ou profesor. O traballo debe ser elaborado de forma autónoma mediante a búsqueda e recollida de información, lecturas específicas (científica e técnica)
manexo da bibliografía, redacción, etc. O responsable da materia confirmará a idoneidade dos
temas de traballo e velará porque estes non se repitan entre os distintos grupos de
estudantes. Comunicarase aos estudantes unha data límite antes da que deberían informar do seu
interese nesta actividade.Tamén se informará ó inicio do curso da data límite para a entrega destes traballos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000