Guia docente 2025_26
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Durante as sesións maxistrais, os/as responsable/s da materia atenderán ós/ás estudantes na resolución de dúbidas e conflitos co fin de mellorar a comprensión dos aspectos máis sobresalientes, de forma que lles permita alcanzar as competencias establecidas para a materia. Ademais, se podrán concertar titorías co profesorado responsable das sesións maxistrais para a resolución de dúbidas.
Seminario Durante os seminarios, os/as responsable/s da materia atenderán ós/ás estudantes na resolución de dúbidas e conflitos asociados as diferentes temáticas e tarefas co fin de mellorar a comprensión dos aspectos máis sobresalientes dos mesmos, de forma que lles permita alcanzar as competencias establecidas na materia. Ademais, se podrán concertar titorías co profesorado responsable dos seminarios para a resolución de dúbidas.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio, os/as responsable/s desta docencia prestarán atención especial a desenvolver as capacidades dos/as estudantes en relación coas tarefas prácticas que deben desenvolver, orientando na mellor medida posible en relación coa interpretación dos datos que obteñan de cara a elaboración da memoria de prácticas. O estudantado tamén poderá concertar previamente titorías co profesorado encargado das prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000