Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Análise e calidade do aire
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

- As clases maxistrais mantéñense e impartiranse mediante vídeos pregrabados ou a través de videoconferencia no campus virtual.
- Os seminarios se impartirán de forma virtual a través do Campus Remoto da U. de Vigo.

* Metodoloxías docentes que se modifican

-As prácticas de laboratorio sustituiranse con explicacións previas mediante documentos e/ou vídeos na plataforma de teledocencia e a posta a disposición das mesmas, con indicacións de cómo o alumnado as debe facer de xeito remoto utilizando o seu propio equipo informático, e como debe confeccionar correctamente o informe da práctica de laboratorio.

* As tutorías realizaranse no despacho virtual de cada profesor, con cita previa.

* Non se modificarán os contidos a impartir.

* Para facilitar a auto-aprendizaxe, o profesor facilitará ao alumnado a bibliografía da asignatura en forma dun libro en pdf que se colgará na plataforma de teledocencia (Faitic). En todo caso os apuntamentos das clases disponibilizados a través da plataforma de teledocencia deberan ser suficientes para garantir a aprendizaxe.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Nos contidos a avaliación dos exames de fin de bimestre/cuatrimestre, segunda oportunidade e fin de carreira manteranse como se previu para a modalidade presencial.

En caso de ser necesario por indicación das autoridades académicas todos os exames realizaranse en forma non presencial (forma virtual) a través de Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.

No caso de unha modalidade mixta, todos os alumnos farán os exames de xeito presencial.

FIN DE CARREIRA: o examé suporá o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000