Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Climatoloxía física
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas Sesións Maxistrais farase unha explicación previa dos obxectivos de cada tema. A teoría impartirase empregando un método expositivo, ao mesmo tempo que se convidará aos estudantes á participación directa. Estas sesións de desenvolverán en aulas con axuda dun computador con canón ¡ de proxección e unha lousa.
Seminario Realizaranse seminarios nos que se desenvolverán con máis detalle puntos destacados do programa. Parte dos seminarios poderanse elixir dunha lista de temas opcionais propostos. Considerarase fundamental proporcionar orientación e motivación no proceso de aprendizaxe, así como convidar o alumnado á participación activa. Promoverase a resolución razoada de cuestións curtas, que é unha das maneiras máis eficientes de estimular a aprendizaxe.
Resolución de problemas Resolución de problemas de forma autónoma. Distribuirase boletíns de problemas para que sexan traballados polos estudantes en casa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000