Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Cambio climático
   Contidos
Tema Subtema
Bloque I: Cambio climático na atmosfera e océano
Tema 1. Clima pasado na Terra

Definición de clima. Sistema climático. Reconstrución do clima. Variabilidade climática.
Caracterización do clima nos distintos periodos da Terra.
Tema 2. Efecto do cambio climático actual na atmosfera. Evolución da temperatura media global no século XX e XXI. Tendencias.
Evolución da cuberta de xeo nas diferentes rexións do planeta. Tendencias.
Variabilidade da humidade atmosférica. Tendencias.
Evolución da cobertera global de nubes.
Variacións na circulación atmosférica.
Tema 3. Efecto do cambio climático actual no océano. Cambios da temperatura e salinidade a escala global.
Cambios no nivel do mar.
Cambios bioxeoquímicos.
Bloque II: Cambio climático e biodiversidade

Tema 4. Efecto do cambio climático na biodiversidade vexetal
Evidencias do cambio climático e as súas características.
Principais elementos climáticos determinantes do desenvolvemento e crecemento vexetal.
Influencia dos parámetros meteorolóxicos sobre os fenómenos periódicos nos vexetais
Efectos sobre a agricultura.
Tema 5. Mitigación e adaptación Recursos para mellorar o sistema enerxético actual.
Xestión de recursos forestais e de cultivos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000