Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Auditoría e xestión ambiental
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Tanto en caso de docencia mixta como non presencial a avaliación será continua utilizando a plataforma FAITIC e Campus Remoto, onde se subirá toda a información necesaria para a consecución dos obxectivos do curso.

* Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de docencia mixta: Tanto as clases maxistrais, como a resolución de traballos de casos prácticos en seminarios serán presenciais. No caso de non ser posible esta modalidade por superar o aforo da aula, o alumnado pasará a ser titorizados individualmente de xeito online a través das aulas virtuais do Campus Remoto.
En caso de docencia non presencial: Todas as metodoloxías presenciais de teoría, e resolución de traballos de casos prácticos en seminarios pasarán a ser online a través das aulas virtuaís do Campus Remoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías serán online a través do despacho virtual do profesor en Campus Remoto pedindo cita previa ao correo electrónico do profesor.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos a impartir en ningunha modalidade.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesario incluír bibliografía adicional.

* Outras modificacións
Este guía docente está planificada para permitir que a docencia sexa impartida en calquera das modalidades: presencial, mixta e non presencial.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Tanto para o caso de docencia mixta como non presencial: As probas xa realizadas manterán o seu peso.

* Probas pendentes que se manteñen
Na docencia mixta: as probas pendentes tamén manteñen o seu peso. As probas escritas serán de xeito presencial, a non ser que as autoridades académicas indiquen o contrario.
Na docencia non presencial: as probas pendentes tamén manteñen o seu peso. As probas escritas pasarán a ser avaliadas de forma on-line.

* Probas que se modifican
Na modalidade mixta non haberá cambios na forma de realizar as probas de avaliación.
Na modalidade non presencial: Preguntas sobre temario presencial a través da plataforma vixente (Faitic, Campus Remoto, Moodle…).

* Novas probas
Non será necesario novas probas de avaliación tanto na modalidade mixta como na modalidade non presencial.
* Información adicional


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000