Tema |
Subtema |
Tema 1. Ecoloxía: definición e aproximacións |
Definición de Ecoloxía, obxeto de estudio e encuadre nas Ciencias Ambientais.
Breve historia da Ecoloxía: nacemento e desenrolo como Ciencia. |
Tema 2. Os organismos e o medio |
O medio físico terrestre e acuático: temperatura, luz, auga e nutrintes como recursos e condicions. Factores ecolóxicos. Clasificación e factores limitantes. Biomas terrestres e acuáticos. |
Tema 3. Concepto de poboación e descritores |
Concepto de poboación. Parámetros poboacionais: distribución xeográfica, abundancia, densidade, distribución espacial, dispersión. Cuantificación de parámetros poboacionais. estratexias de vida. |
Tema 4. Poboación: estructura e distribución espacial. |
Modelos de crecemento exponencial. Factores que limitan o crecemento da poboación. Modelo de crecemento loxístico. estocasticidade. Crecemento da poboación en función da estrutura de idade. Curvas de supervivencia e táboas de vida. |
Tema 5. Competencia interespecífica |
Tipos e características xerais das interaccións tróficas. Definición, evidencia experimental e tipos de competencia interespecífica. Concepto de nicho ecolóxico e principio de exclusión competitiva. Convivencia e heteroxeneidade ambiental. Modelo de competición Lotka-Volterra. |
Tema 6. Depredación e consumo de alimentos |
Definición e tipo de depredadores. Factores que determinan as preferencias dietéticas. Consideracións enerxéticas: teoría do aprovisionamento óptimo, dieta óptima e teorema do valor marxinal. Tipos de respostas funcionais e evidencias experimentais. Respostas numéricas e de desenvolvemento. Modelo de depredación de Lotka e Volterra. |
Tema 7. Estrutura da comunidade |
Distribución especies-abundancia. Factores que controlan a diversidade: recursos, diversidade de hábitats, especies clave e nivel de perturbación. Estrutura trófica. Efectos directos e indirectos: fervenzas tróficas. Control ascendente e descendente. Relación entre diversidade e estabilidade. |
Tema 8. Perturbación e sucesión |
Concepto e tipos de observacións. Exemplos de sucesión en ecosistemas terrestres e acuáticos. Mecanismos sucesorios: facilitación, tolerancia e inhibición Sucesión, diversidade e perturbación |
Tema 9. Aporte de enerxía ao ecosistema: produción primaria |
Produción primaria bruta e neta: concepto, métodos de determinación e magnitude. Factores que controlan a produción primaria. Variabilidade temporal e espacial da produción primaria. Relacións estequiométricas da materia orgánica. |
Tema 10. Produción secundaria e remineralización de materia |
Definición de produción secundaria: vía herbívora e vía detritívora. Factores secundarios de control da produción. Balance enerxético da produción secundaria: eficiencias. Eficiencia, estrutura trófica e transferencia. Descomposición e remineralización da materia orgánica nos ecosistemas terrestres e acuáticos. Fluxo de enerxía nos ecosistemas terrestres e acuáticos |
Tema 11. Ciclos bioxeoquímicos e cambio global. |
Compartimentos, balance de masa e tempo de residencia. Ciclo global do carbono. ciclo global do nitróxeno. Ciclo do fósforo. |
Tema 12. Sistemas socio-ecolóxicos |
Servizos dos ecosistemas: oferta e demanda. Resiliencia, complexidade e eficiencia. Efectos non lineais e histérese. Xestión de sistemas adaptativos complexos. Principios para a promoción da resiliencia nos sistemas socioecolóxicos. Ecosistemas urbanos |
Seminario 1. Diversidade biolóxica. |
Explicación do concepto de diversidade biolóxica no contexto da Ecoloxía e as Ciencias Ambientais, e cálculo de diferentes indices de diversidade α, β e γ. |
Seminario 2. Selección e organización dos diferentes traballos en grupo sobre diversos temas ecolóxicos |
Organizaranse en grupos para realizar traballos sobre diversas temáticas de ecoloxía |
Seminario 3. Directivas europeas. Directiva Marco da auga e Directiva Hábitats. |
Neste seminario traballarase con directivas europeas que están en vigor na actualidade para que podan comprender as suas implicacións ecolóxicas nos diferentes paises europeos. |
Seminario 4. Traballos en grupo
e realización de diferentes actividades |
Seminario para dúbidas e avances cos traballos en grupo |
Seminarios 5. Produción primaria bruta, neta e respiración |
Seminario práctico onde aprenderán a calcular as producións primarias brutas, netas e respiración de diferentes ecosistemas. |
Seminario 6. Manexo de bases de datos (NOAA) sobre monitorización atmosférica de gases efecto invernadoiro e a súa relación co cambio climático. |
Seminario práctico sobre manexo e exploración de bases de datos atmosféricas |
Seminario 7. Exposicións orais dos diferentes traballos en grupo. |
Exposicións orais |