Guia docente 2019_20
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Ordenación do territorio e paisaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor presentará os contidos dos temas incluídos no programa da materia coa axuda de
presentacións de power point. Eses contidos ampliados estarán a disposición dos alumnos (en
formato pdf) na páxina reservada á materia no portal de teledocencia FAITIC, onde tamén se
colgarán os cuestionarios para avaliar o dominio dos coñecementos correspondentes a cada tema
por parte dos alumnos.
Saídas de estudo Fanse dúas saídas de estudos á comarca da Ribeira Sacra para estudar e analizar as características
que contribúen á singularidade das súas paisaxes.
Os alumnos haberán de fotografar as paisaxes máis representativas, emblemáticos, frecuentes ou
que lles chamen a atención por algún motivo e que utilizarán para ilustrar as variantes máis
frecuentes dos compoñentes da paisaxe de sector, que serán o material de traballo que
manexarán, analizarán e valorarán nos seminarios.
Actividades introdutorias Para familiarizar os alumnos cos contidos e metodoloxias propias da materia
adicaran as primeiras sesións a familiarizarse e a traballar coas características visuais básicas da
paisaxe escollendo das suas coleccións de fotografías as que lles parezan máis representativas desas características visuais básicas.
Seminario Onde aprenderán a valorar a paisaxe utilizando senllas metodoloxías baseadas na calidade e a
singularidade dos seus atributos e variables (compoñentes). Os alumnos traballarán en grupos e terán que entregar os resultados desas valoracións en forma de informe cos resultados numéricos correspondentes os diferentes grupos de atributos e variables empregados na valoración comentando eses valores e explanando os motivos que os levaron a darlles eses valores. O informe rematará con un pequeno resumen de non máis de 300 palabras
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000