Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Enerxía e sostibilidade enerxética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase mediante a realización de 3 exames, en datas que se comunicarán previamente.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3.
60 A3
A4
B1
B2
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D9
Seminario As actividades realizadas valoraranse por parte do profesorado.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3.
40 A3
A4
B1
B2
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Glogal (100% da calificación no exame final) debe comunicarllo ó coordinador da materia por email (a gil@uvigo.gal) ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia.

2) Avaliación final do bimestre: 

2.1) Exames: realizaránse 3 exames parciais (os dous primeiros en horario de clase e o último na data oficial da primeira oportunidade), e é necesario obter un mínimo no promedio dos tres exames para poder aprobar a materia. Cada exame suporá un 20% da nota total, polo que se deberá obter un mínimo de 27% da nota total (4.5 sobre 10). Nos exames poderanse indicar requisitos necesarios para superar a materia.

 

2.2) Seminarios: a cualificación neste apartado será a suma das obtidas en cada unha das probas que se realice e terá un valor máximo do 40% da nota global (para o alumno que realizase todas correctamente). Se o profesorado constata que algún alumno copiou unha parte substancial dalgún traballo ou entrega, devandito traballo será valorado con -10% da nota global.

 

2.3) Cualificación da materia: para o alumno que non supere os exames, a cualificación da materia será media da obtida nos exames, sen sumárselle a parte correspondente a "Seminarios". O alumno que teña algunha cualificación (xa sexa en seminarios ou en exames) non poderá levar a nota de "Non Presentado".

 

3) Convocaria de fin de carreira:

 o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ó longo do curso.

 

4) Segunda edición da acta (xullo):

 na segunda edición, en xullo, o alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota da metodoloxía de "Seminarios" (valorada sobre o 40% da nota total) e que o exame siga representando un 60% da nota global, ou que non se lle manteña (nese caso o exame representará o 100% da nota). A opción por defecto será manter as notas da metodoloxía de “Seminarios”. No caso de alumnos que copiasen, sempre se lles manterá a nota de "Seminarios".

 

5) Comunicación cos alumnos:

 a comunicación cos alumnos (cualificacións, convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma MooVi. 

 
6) Exames:
 as datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro):

 

  • Fin de carreira: 18/09/2023 ás 16:00.
  • 1ª edición: 06/11/2023 ás 10:00.
  • 2ª edición: 02/07/2023 ás 16:00.

 

7) Compromiso ético: espérase que os estudantes presentes un comportamento ético adecuado. En caso de detectar malas prácticas como copia, plaxio, utilización de calquera aparello electrónico non autorizado expresamente (normalmente só permitirase o uso de calculadora) considerarase que o alumno non reúne os requisitos adecuados para superar a materia e a súa cualificación global será de 0.0, en cumprimento do Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, artigo 13.2.d, relativo aos deberes dos estudantes universitarios: "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000