Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Edafoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a participación e asistencia dos estudantes durante o transcurso das sesións maxistrais e as respostas ás cuestións feitas nelas.

A nota obtida durante as sesións maxistrais sumarase á do exame final sempre que se obteña unha calificación mínima no mesmo
5 A3
A4
B1
B2
C1
D1
D3
D4
D5
Seminario Valorarase a asistencia e participación activa e a calidade dos exercicios e respostas realizados durante as sesións.

A nota obtida durante as sesións maxistrais sumarase á do exame final sempre que se obteña unha calificación mínima no mesmo.

Avalíase o RA1
15 A3
A4
B1
B2
C1
D1
D3
D4
D5
D9
Prácticas de laboratorio Ademais da asistencia (obrigatoria no 80% das horas), na cualificación terase en conta a actitude no laboratorio e o interese amosado. Incluiranse aspectos das prácticas no exame final da materia.
Avalíase o RA1
15 A3
A4
B1
B2
C1
D1
D3
D4
D5
D9
Exame de preguntas obxectivas A proba tipo test programada o longo do cuadrimestre tratará sobre
os temas comentados nas sesións maxistrales e sobre as prácticas de
laboratorio. A non superación (menos do 50% do valor total da proba) desta proba significará que non se pode superar a materia.
Resultados de aprendizaxe: RA1
40 A3
A4
B1
B2
C1
D1
D3
D4
D5
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse as destrezas na resolución de problemas (RA1) 25 A3
A4
B1
B2
C1
D1
D3
D4
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse neste apartado da guía docente distintas posibilidades de
avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de
bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira.

CONVOCATORIA FIN DE BIMESTRE/ CUADRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO:

A persoa matriculada escollerá se quere ser avaliada de xeito continuo ou
final (explícanse a continuación as diferentes condicións para cada unha delas)
e debe comunicar á persoa coordinadora da materia a cal se acolle. Nos dous
casos, ainda que con distinto peso con respecto á nota final, é obrigatoria a
realización dunha proba final de tipo test ou de desenvolver preguntas.

O detalle das formas de avaliación a escoller é o seguinte:

a) Avaliación continua: puntúase a calidade dos traballos ou probas
realizados pola/o estudante durante o bimestre mediante a avaliación de
diferentes aportacións, incluindo a participación nos seminarios e prácticas e
o test relacionados. Desta maneira, a nota final (NF) da asignatura estará
conformada por: Exame final (EF=40%) + Resolución de problemas (RP=25%) +
Seminarios (S=15%) + Prácticas de laboratorio (P=15%) + Asistencia e
participación nas diferentes sesións maxistrais (AP=5%).

NF(100%) = EF(40%) + RP
(25%) + S(15%) + P(15%) + AP(5%).

O exame final será un exame único de preguntas test ou de desenvolver que
poderá incluir preguntas das sesións teóricas, prácticas e seminarios.

Neste tipo de avaliación, é condición que se alcance polo menos un 40% da
nota do exame final (EF) para que o resto das probas podan ser contabilizadas
na nota final (NF). Estas puntuacións terán validez ó longo de cada curso
académico e serán sumadas á do exame final, tanto na convocatoria fin de
bimestre como na segunda oportunidade sempre que a persoa matriculada así o
exprese.

A calificación dos alumnos acollidos ao sistema de avaliación continua
manterase para a segunda convocatoria por unha soa vez sempre que acaden un
mínimo dun 40% sobre 100 na avaliación inicial.

b) Avaliación global: non se teñen en conta as puntuacións obtidas
nas achegas dos seminarios. Neste caso a avaliación será o 100% da calificación
do exame oficial. Para escoller esta opción, debe de ser comunicado previamente
ao coordinador da materia, por email ou a través de Moovi, nun plazo non
superior ao primero mes de docencia.

Para aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade
profesional fora do ámbito universitario (debidamente acreditada mediante copia
oficial do contrato de traballo) que lles impida unha presencialidade superior
ao 15% nas sesións maxistrais, nos seminarios e nas prácticas, a avaliación se
fará de acordo á avaliación final (100% de acordo ao exame final).

No caso de non comunicar ningunha opción, entenderase que o alumno escolle a
opción de avaliación continua.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

A persoa matriculada que opte por examinarse en fin de carreira será
avaliada únicamente co exame (que valerá o 100% da nota). NF=EF. No caso de non
asistir ou de non aprobar dito exame, pasará a ser avaliada ó igual que o resto
dos/as estudantes.

Datas de exames:

Fin de carreira: 20/09/2023 ás 16:00 h

1ª edición: 23/01/2024 ás 10:00 h

2ª edición: 11/07/2024 ás 10:00 h

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as
aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do
Centro.

O exames serán presencias salvo que UVigo ordene o contrario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000