Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Lexislación ambiental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia activa (asistencia + participación). Valorarase especialmente o esforzo e o interese do alumno. Resultados de aprendizaxe: o alumno adquirirá competencias adecuadas para xestionar información ambiental, incluíndo a súa comunicación. 30 B1
D1
D4
Seminario Valorarase a asistencia activa (asistencia + participación). Valorarase especialmente o esforzo e o interese do alumno. Resultados de aprendizaxe: desenvolveranse competencias para a resolución de problemas xurídicos de carácter ambiental. 30 B2
D3
D5
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios Concluído o período docente, nas datas fixadas no calendario oficial realizarase unha proba escrita con entre 2 e 5 preguntas curtas, de natureza teórica ou práctica, a responder en tempo reducido (entre media e unha hora) e en espazo reducido (entre unha e dúas caras dun folio). Os alumnos poderán utilizar como material de apoio textos legais.

Resultados de aprendizaxe: o alumno demostrará a habilidade necesaria para coñecer e comprender os distintos aspectos da planificación, xestión, valoración e conservación de recursos naturais.
40 A3
A4
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

I - Sistemas de avaliación e preferencia da avaliación continua:

      O alumnado poderá ser cualificado mediante un dos seguintes sistemas de avaliación:

a) Avaliación global: a nota da materia coincidirá co 100% da cualificación obtida no exame final oficial.

b) Avaliación continua: a nota da materia resultará dunha media ponderada entre o exame final e as probas practicadas durante o curso, conforme ao detalle que se exporá no apartado II seguinte.

A modalidade preferente é a avaliación continua. O alumnado que desexe o sistema de avaliación global (o 100% da cualificación no exame final), debe comunicarllo ao coordinador da materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.

Sen prexuízo do anterior, entenderase que o alumno renuncia á avaliación
continua, pasando a cualificarse baixo o sistema de avaliación global,
en calquera dos seguintes supostos:



a) Cando acumule unha inasistencia superior ao 40% dos seminarios.


b) Cando non supere a metade dos controis de avaliación continua que se mencionarán no apartado II seguinte.

II -Cualificación mediante o sistema de avaliación continua:

Os estudantes que sigan o sistema de avaliación continua, obterán a súa nota final dunha media ponderada calculada da forma seguinte:

a) o 40% da cualificación que mereza o exame final sobre o conxunto da materia.

b) o 60% da cualificación que mereza a participación activa do estudante nas actividades académicas (art. 20.1.d Regul. 18-3-2023), cos seguintes mecanismos correctores:

1º.- No caso de que a participación activa mereza unha cualificación inferior á do exame final, aquela non se terá en conta evitando o prexuízo do estudante, salvo que derive de actuacións contrarias aos deberes contidos nos apartados b, c, d e e do art. 13.2 do R.D. 1791/2010, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.

2º.- Para que a participación activa poida despregar efectos favorables sobre a avaliación do estudante, a cualificación do exame final debe ser superior a 4 puntos sobre 10.

A mera asistencia non se valora. A presenza física dun estudante en clase non é un mérito, nin representa unha actividade que acredite actitude ou aptitude nos termos necesarios para avaliar competencias, habilidades, coñecemento ou madurez.

En troques, si se valora na avaliación continua (art. 20.1.b e c Regul. 18-4-2023):

a) a asistencia activa (asistencia + participación), que o alumno deberá demostrar superando as probas orais e/ou escritas ás que sexa sometido,

b) a disposición para efectuar lecturas ou traballos complementarios titorizados polo equipo docente,

c) e a participación voluntaria en actividades académicas presenciais complementarias.

Durante o período docente celebraranse, como mínimo, as seguintes probas de avaliación continua:


a) Respecto ao temario de Dereito Penal, un control de 20 a 30 preguntas tipo test

b) Respecto ao temario de Dereito Internacional, un control de 20 a 30 preguntas tipo test

c) Respecto ao temario de Dereito Administrativo, dous controis de 20 a 30 preguntas tipo test cada un.

III -Extensión da cualificación de avaliación continua:

A cualificación obtida mediante a participación nas sesións maxistrais e seminarios conservarase durante todas as convocatorias do curso académico, excepto:

a) na convocatoria de fin de carreira.

b) na segunda edición (ou xullo), cando a cualificación de avaliación continua non alcanzase o nivel de aptitude mínimo. Neste suposto entenderase que o alumno renunciou válidamente á avaliación continua, cualificándose a materia unicamente co 100% da proba final.

c) nun curso académico distinto a aquel onde se desenvolveu a avaliación continua.

IV -Convocatoria de fin de carreira:

   Quen opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame, que representará o 100% do a nota da materia. En caso de non asistir a ese exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado.

V -Data dos exames finais:

   As probas finais da materia celebraranse nas seguintes datas:

Fin de carreira: 29/9/2023 ás 16 horas

1ª edición (fin do bimestre): 4/4/2024 ás 10 horas

2ª edición (xullo):15/7/2024 ás 10 horas

En caso de erro ao mencionar as anteriores datas, prevalecerán as aprobadas oficialmente e publicadas pola Facultade no taboleiro de anuncios e na súa web oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000