Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Lexislación ambiental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do/o profesor/a, con axuda dos Tics, dos aspectos máis importantes dos contidos do temario da materia, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo/a estudante (presencial).

A exposición terá carácter participativa para o alumnado, que será convidado a resolver cuestións co auxilio de textos legais, debendo familiarizarse co seu uso na resolución de problemas xurídicos de carácter ambiental.

O traballo en sesión maxistral DEBERÁ ser complementado pola/polo estudante con traballo autónomo, e PODERÁ voluntariamente ser complementado con titorías individualizadas nos días e
horas fixados pola Facultade.
Seminario Na aula (presencial) ou mediante plataforma de teledocencia Moovi (non presencial), o/o profesor/a formulará problemas e/ou exercicios relacionados coa materia coa finalidade de repasar ou profundar nos contidos abordados nas sesións maxistrais. A título ilustrativo estas prácticas poderán consistir en:
* Resolución de supostos prácticos.
* Análise de contidos específicos (como sentenzas sobre contidos do temario).

A primeira parte de cada taller dedicará a discutir e resolver casos prácticos, en ocasións preparados previamente polos/os alumnos/as e en ocasións preparados na propia aula.

A segunda parte do taller dedicarase a resolver as dúbidas sobre os contidos da materia que poidan suscitar os/os alumnos/as.

O traballo en seminarios DEBERÁ ser complementado pola/polo estudante con traballo autónomo, e PODERÁ voluntariamente ser complementado con titorías individualizadas nos días e
horas fixados pola Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000