1. Avaliación continua (convocatoria ordinaria) Considérase
que todos os alumnos deben ser avaliados de forma continua.
A nota final dun alumno obterase mediante a suma das
puntuacións obtidas en cada parte. Nesta modalidade, un alumno
estará aprobado cando a súa nota final sexa maior ou igual que 5. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. 2. Procedemento de avaliación para Xullo (convocatoria extraordinaria) e Fin de carreira: O
alumno que opte por examinarse nestas modalidades será avaliado
unicamente co exame que valerá o 100% da nota. En caso de non
asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos. Un alumno estará aprobado cando a nota
do seu exame sexa maior ou igual que 5. 3. Datas de avaliación Convocatoria Fin de Carreira: 28 de Setembro de 2016 ás 16 horas. Convocatoria ordinaria: 20 de Marzo de 2017 ás horas. Convocatoria extraordinaria: 14 de Xullo de 2017 ás 10 horas. En caso
de erro na transcrición das datas de exames, as
válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios
e na páxina web http://fcou.uvigo.es. Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de : "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade". |