Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Matemáticas: Ampliación de matemáticas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de circunstancias excepcionais:

1. Modalidade mixta: Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través de Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia Faitic sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

1.1. Adaptación das metodoloxías:
1.1.1. Sesión maxistral: unha parte do alumnado seguirá as sesións presencialmente e outra de forma non presencial segundo as características técnicas que habilite a Facultade.
1.1.2. Seminarios: unha parte do alumnado seguirá as sesións presencialmente e outra de forma non presencial segundo as características técnicas que habilite a Facultade.

1.2. Avaliación: Os exames realizaranse de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no aparatado de Avaliación.
1.2.1. Fin de carreira: o exame suporá o 100% da nota.
1.2.2. Fin de bimestre: mantéñense as porcentaxes explicadas no apartado Avaliación.
1.2.3. Segunda oportunidade: o exame suporá o 100% da nota.

1.3. Titorías: Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación previa.

2. Modalidade non presencial: Toda a docencia se realizará a través de Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia Moovi sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

2.1. Adaptación das metodoloxías:
2.1.1. Sesión maxistral: todo o alumnado seguirá as sesións de forma non presencial.
2.1.2. Seminarios: todo o alumnado seguirá as sesións de forma non presencial.

2.2. Avaliación: Os exames realizaranse de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no aparatado de Avaliación.
2.2.1. Fin de carreira: o exame suporá o 100% da nota.
2.2.2. Fin de bimestre: mantéñense as porcentaxes explicadas no apartado Avaliación.
2.2.3. Segunda oportunidade: o exame suporá o 100% da nota.

2.3. Titorías: Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000