Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Física: Física
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario Nos seminarios, farase un seguimento persoal de cada alumno, tratando de resolver as dúbidas que lle xurdirán, no seu proceso de aprendizaxe. Ademais fomentarase o espírito racional, para que cada estudante poida desenvolver adecuadamente as súas facultades cognitivas, segundo o seu nivel de coñecementos. Esta atención personalizada desenvolverase directamente na aula, e tamén de forma individualizada, e vía telemática utilizando o Campus Remoto.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio tamén se fará seguimento persoal de cada alumno, tratando de resolver as dúbidas que lle xurdirán, no seu proceso de aprendizaxe práctica. Ademais fomentarase o espírito crítico/científico, para que cada estudante desenrole as súas facultades cognitivas, segundo o nivel de coñecementos que posúe. Esta atención personalizada desenvolverase presencialmente (directamente no laboratorio) e tamén de forma individualizada, nas horas de titoría. Tamén por via telemática mediante o Campus Remoto.
Lección maxistral Nas clases de teoría farase tamén un seguimento persoal, tratando de resolver as dúbidas que lle xurdirán, segundo as cuestións que van expondo. Ademais fomentarase o espírito racional, para que cada estudante poida desenvolver adecuadamente as súas facultades cognitivas, segundo o nivel de coñecementos que posúe. Esta atención personalizada desenvolverase presencialmente (directamente na aula) e tamén de forma telemática mediante o Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000