Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Física: Física
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos fundamentos teóricos, que o/a estudante precisa coñecer, para realizar as prácticas de laboratorio e resolver problemas, exercicios e cuestións curtas, de Física básica. A teoría impartirase empregando o método expositivo, e participativo no que o estudante poderá intervir directamente, na exposición das principais ideas asociadas aos contidos, mediante preguntas curtas individuais, que estimulan a atención dos alumnos e fan mais dinámica a sesion maxistrais.
Prácticas de laboratorio As prácticas impartiranse no laboratorio durante unha semana, coa finalidade de que os alumnos adquiran as destrezas propias do método científico: observación, experimentación, tratamento dos datos e análise numérica dos resultados. Esas sesións prácticas irán precedidas dunhas clases onde se lles indicará o método de cálculo informático das incertezas, experimentais e estatísticas.
Seminario Antes de impartir as clases de seminario, os alumnos dispoñen no Moovi, de boletíns para cada tema, co fin de que poidan pensar nos exercicios que se expoñen antes da súa realización nas horas de seminario. Deste xeito preténdese unha participación activa de cada alumno, e fomentar o seu espírito racional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000