Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Física: Física
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Metodoloxías docentes durante a Modalidade mixta:

No caso de que, seguindo as directrices sanitarias relacionadas coa COVID-19, a aula destinada para a materia non permita a asistencia presencial de todos/as os/as matriculados, estableceranse quendas de asistencia presencial a sesións maxistrais e seminarios. Os alumnos/as que non formen parte das quendas presenciais, seguirán a sesión maxistral e os seminarios a través do Campus Remoto e/ou daqueloutras ferramentas que a Universidade de Vigo poña a disposición do profesorado e alumnado. As quendas garantirán que todo o alumnado teña opción de asistir presencialmente ao número de número de horas que corresponda ás sesións maxistrais e seminarios.
Na modalidade mixta, as prácticas serán presenciais e durante o seu desenvolvemento deberase empregar máscara de acordo coas directrices sanitarias en vigor.

Metodoloxías durante a Modalidade non presencial:

En caso dun escenario de confinamento no que a docencia deba impartirse na súa totalidade na modalidade on-line, as sesións maxistrais e de seminarios desenvolveranse mediante as aulas virtuais do Campus Remoto e/ou daqueloutras ferramentas que a Universidade de Vigo poña a disposición do profesorado e alumnado.
Neste escenario, as prácticas de laboratorio desenvolveranse mediante unha presentación das actividades que realizarían a través das mesmas ferramentas que as sesións maxistrais e seminarios. Coa finalidade de poder conseguir o maior número de competencias asociadas ás prácticas, facilitaráselles ao alumnado os resultados das actividades prácticas para que podan elaborar o correspondente informe de prácticas que será parte da avaliación da materia, así como a explicación pertinente de como deben realizar este informe en base aos resultados proporcionados.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): titorías, concertadas previamente, mediante emprégoo das salas de Profesorado Virtual que proporciona o Campus Remoto.

Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: de ser necesaria, facilitarase ao alumnado oportunamente a través das plataformas de teledocencia dispoñibles para ese efecto.

Outras modificacións: non se prevén novas modificacións significativas respecto da guía docente.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Avaliación durante a Modalidade mixta:

Nestas circunstancias, cabe esperar que o exame das sesións maxistrais e o estudo de caso asociado ás sesións de seminarios póidanse realizar presencialmente (en quendas de ser precisas) salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. Deste xeito, a avaliación na modalidade mixta non se vai a ver afectada respecto do sistema proposto na guía docente (apartado 7). Tampouco se verá afectada a avaliación correspondente as actividades prácticas/saída de campo e os traballos tutelados.

Avaliación durante a Modalidade on-line:

Neste escenario, e dependendo do que indiquen as autoridades académicas, o exame das sesións maxistrais e o asociado ás sesións de seminarios poderían ser online, para o cal se empregarían as ferramentas de teledocencia que a Universidade de Vigo pon a disposición de profesorado e alumnado. Nestas circunstancias, os pesos atribuídos a cada unha das metodoloxías docentes vanse a cambiar tendo en conta que o exame final contará cun 40% da nota , a cualificación de practícalas será un 25% (idem que na modalidade presencial) e a cualificación dos seminarios será un 35% .

Novas probas: non se considera a necesidade de novas probas de avaliación en caso de docencia mixta ou docencia online.

Información adicional: en caso de ser precisa, achegarase ao alumnado mediante comunicación a través das plataformas de teledocencia dispoñibles a tal efecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000