Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados O TFG O traballo de fin de grao é un traballo persoal que cada estudante realizará de
maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma
integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ó título.
En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo estudante
nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver
traballos feitos na actividade doutras materias da titulación.
No caso do Grao en Ciencias
Ambientais, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poden
participar varios estudantes, cada un nunha parcela precisa da tarefa global. Este feito
será autorizado pola CP. Neste caso o alumnado implicado nun mesmo traballo
compartirá titor e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación,
defensa e avaliación serán individuais.
O TFG poderá realizarse en institucións ou empresas externas á Universidade de
Vigo. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou
empresa. A persoa titora da Universidade de Vigo compartirá as tarefas de dirección e
orientación e facilitará a xestión do TFG.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000