Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia (de forma individualizada) e a participación en grupos en actividades informais (debates, discusións,...)
Avaliaránse aspectos vinculados as competencias A4, A6, A7, B1, B9, B20 e B21
10
Presentacións/exposicións Valorarase o desenvolvemento e exposición do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente a capacidade de comunicación e de síntese dos aspectos máis relevantes da temática seleccionada
Nesa valoración se terán conta aspectos asociados a adquisición das competencias A6, A7, B1, B13 e B22
10
Seminarios Valorarase asistencia e participación individualmente no conxunto de seminarios, especialmente dende o punto de vista das seguintes competencias: A4, A7, B1, B6 e B11 5
Prácticas de laboratorio Valorarase asistencia e participación individualmente atendendo especialmente a consecuención das competencias B1, B9 e B21
5
Probas de tipo test As preguntas de próba tipo test serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida.Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintios apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 40% do valor desta proba.
<br>Deste xeito se avalía a adquisición de competencias como A4, A6, A7, B11, B13, B20 e B21
50
Estudo de casos/análise de situacións Trátase de desenvolver de forma eficaz diferentes problemas relacionados coa contaminación ambiental e tratados nos seminarios, así como responder axeitadamente a preguntas básicas sobre documentos bibliográficos empregados nos seminarios para ilustrar situacións concretas de contaminación ambiental.Se pretende así avaliar os alumnos/as para a adquisición de capacidade de síntese e capacidade crítica.
Deste xeito se avalía a adquisición de competencias como A5, A7, B1, B6, B11, B13, B20, B21 e B22
15
Informes/memorias de prácticas Actividade asociada á realización das tarefas propostas das sesións prácticas eque valerán para avaliar competencias como a A4, A5, B1, B6 e B21 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segundas convocatorias, os alumno/as tamén deberán alcanzar máis do 40% da proba de tipo test para que lles sexa sumada a puntuación do resto de actividades, que
irán obtendo de forma continua. 

Para aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade profesional fora do ámbito universitario (debidamente acreditada mediante copia oficial do contrato de traballo) que lles impida unha presencialidade superior ao 15% nas sesións maxistrais, nos seminarios e nas prácticas, a avaliación se fará de acordo cun examen que reparará na consecución das competencias da materia recollidas na proba de tipo test, no estudo de caso/análisis de situacións e nun test relacionado coas prácticas de laboratorio. O peso na calificación final de cada un destes apartados será 55% (proba tipo test), 30% (estudo de caso) e 15% (test sobre prácticas), sendo necesario superar un mínimo do 40% da valoración de cada unha desta partes para poder superar a materia.

Casos particulares serán revisados de forma especial, a
condición de que o responsable/s da materia consideren que o alumno/a
adquira as competencias específicas da materia.

Datas de exámenes:

Fin de carreira: 25/09/2014 ás 16 horas

1ª edición: 28/05/2015 ás 16 horas

2ª edición: 03/07/2015 ás 16 horas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000