Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia (de forma individualizada) e a participación en grupos en actividades informais (debates, discusións,...)
15
Presentacións/exposicións Valorarase o desenvolvemento e exposición do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente a capacidade de comunicación e de síntese dos aspectos máis relevantes da temática seleccionada 10
Seminarios Valorarase asistencia e participación individualmente 5
Prácticas de laboratorio Valorarase asistencia e participación individualmente
5
Probas de tipo test As preguntas de próba tipo test serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida.Para poder superar a materia é necesario alcanzar, polo menos, o 50% do valor desta proba. 50
Estudo de casos/análise de situacións Trátase de analizar un material bibliográfico relacionado coas temáticas dos seminarios, proxectada co fin de avaliar a capacidade dos alumnos/as para adquirir capacidade de síntese e capacidade crítica. 10
Informes/memorias de prácticas Actividade asociada á realización das tarefas propostas das sesións prácticas 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segundas convocatorias, os alumno/as tamén deberán alcanzar máis do
50% da proba de tipo test. A puntuación do resto de actividades, que
irán obtendo de forma continua, sumaránselle á cualificación da proba de
tipo test. Casos particulares serán revisados de forma especial, a
condición de que o responsable/s da materia consideren que o alumno/a
adquira as competencias específicas da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000