Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas sesións procederase a pór en coñecemento dos alumnos e explicar os distintos contidos dos temas incluídos no temario. As sesións maxistrais terán unha duración de 45-50 minutos, dedicando o resto da sesión recalcar os aspectos máis relevantes.
Presentacións/exposicións A actividade consiste na realización dun traballo en grupo (2-3 alumnos) sobre algún tema relacionado cos procesos de contaminación a proposta dos alumno/as. O responsable da materia confirmará a idoneidade dos temas de traballo e velará porque estes non se repitan entre os distintos grupos de alumnos/as.Comunicarase aos alumnos unha data límite antes da que deberían informar do seu interese nesta actividade. A exposición dos traballos será presencial e ocorrerá nos días finais do bimestre (4 por día). A duración da exposición de cada traballo non deberá superar os 10 minutos, permitindo o abrir un debate sobre os contidos dos mesmos nos minutos restantes de cada sesión.
Seminarios Os seminarios dedicaranse a profundar e incidir nalgúns casos especiais de contaminación en ecosistemas terrestres. Os seminarios distribúense en seis sesións de dúas horas cada un, dedicandose aos seguintes temas:

- Análise e modelización da capacidade de retención de contaminantes en solos
- Paleocontaminación
- Dinámica de Hg nos sistemas planta-solo-auga
- Contidos, distribución e fraccionamento de metais pesados acumulados en solos debido a actividades antrópicas
- Mecanismos de neutralización da acidez en solos
- Contaminación de ecosistemas por PCBs
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio a realizar suporán a aplicación dalgúns dos coñecementos teóricos que se imparten. Proxéctanse 4 sesións de entre 3 e 4 horas cada unha. Os contidos das sesións prácticas serán:

- Determinación da capacidade de neutralización de ácidos nunha variedade de solos con diferentes características químicas.
- Distribución de metais pesados en solos contaminados e non contaminados
- Estudo de retención competitiva de Cu e Zn en solos acedos
- Ensaios de fitotoxicidade por metais pesados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000