Presentacións/exposicións |
A actividade consiste na realización dun traballo en grupo (3-4 alumnos) sobre algún tema relacionado cos procesos de contaminación a proposta dos alumno/as. O responsable da materia confirmará a idoneidade dos temas de traballo e velará porque estes non se repitan entre os distintos grupos de alumnos/as. A exposición dos traballos será presencial e ocorrerá nos días finais do bimestre (4 por día). A duración da exposición de cada traballo non deberá superar os 10 minutos, permitindo o abrir un debate sobre os contidos dos mesmos nos minutos restantes de cada sesión |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio a realizar suporán a aplicación dalgúns dos coñecementos teóricos que se imparten. Proxéctanse 4 sesións de 3 horas cada unha. Os contidos das sesións prácticas serán:
- Determinación da capacidade de neutralización de ácidos nunha variedade de solos con diferentes características químicas.
- Distribución de metais pesados en solos contaminados e non contaminados
- Estudo de retención competitiva de Cu e Zn en solos acedos
- Ensaios de fitotoxicidade por metais pesados
|