Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Xestión e conservación da auga
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas sesións procederase a pór en coñecemento dos alumnos e explicar os distintos contidos dos temas incluídos no temario. As sesións maxistrais terán unha duración de 45-50 minutos. Estas sesións poderán servir para adquirir as competencias A6, A7, A13, A16, B1, B9, B13 e B20
Presentacións/exposicións A actividade consiste na realización dun traballo en grupo (2-3 alumnos) sobre algún asunto relacionado coa temática da materia e sendo proposta dos alumno/as. Os responsables da materia confirmarán a idoneidade dos temas de traballo e velarán porque estes non se repitan entre os
distintos grupos de alumnos/as.Comunicarase aos alumnos/as unha data límite antes da que deberían
informar do seu interese nesta actividade. A exposición dos traballos será presencial e ocorrerá nos días finais do bimestre (3-4 exposicións por día). A duración da exposición de cada traballo non deberá superar os 10 minutos, permitindo abrir un debate sobre os contidos dos mesmos nos minutos restantes de cada sesión. Os contidos destes traballos NON serán obxecto de exame. Estas actividades valerán para adquirir as competencias A5, A13, A16, B1, B6, B9, B11 e B21
Seminarios Os seminarios distribúense en sesións de dúas horas cada un, e dedicaranse a profundar e incidir nalgúns casos especiais sobre a xestión ou conservación das aguas coma os seguintes:
- Humedais de montaña
- Diseño de plans de seguimento hidrolóxico en zonas naturais afectadas pola construcción de parques eólicos
- A xestión da auga coma orixe de conflictos
- Afloramentos de microalgas e cianobacterias
- Criterios para otorgar Bandeiras azuis
- Impacto ambiental do establecimento de piscifactorias e outras actividades acuícolas.
As competencias a adquirir no desenvolvemento dos seminarios son: A4, A5, A7, A13, B1, B6, B11 e B13

Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio a realizar suporán a aplicación dalgúns dos coñecementos teóricos que
se imparten. Proxéctanse 4 sesións . Os contidos das sesións prácticas serán:
- Preparación de mostras de auga para a súa análise química. Estimación de sólidos en suspensión.
- Determinación de parámetros químicos básicos en augas doces: pH, conductividade, niveis de fosfatos e nitratos, materia orgánica disolta e catións (Na, K, Ca e Mg).
- Análisis de aguas de consumo según RD 140
- Presencia de indicadores de contaminación
As competencias a acadar nesta actividade son: A4, A5, B1, B6 e B21
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000