Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Edafoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios RA1. RA2

Avaliarase a asistencia e participación nos seminarios mediante a realización de probas específicas para cada un deles. As devanditas probas consistirán na entrega dunha ficha ou memoria ou na avaliación do traballo realizado nas sesións de simulación con ordenador.
20 A5
B1
B6
C4
Prácticas de laboratorio RA1. RA2

A asistencia ás prácticas é obrigatoria
0 B6
C4
Presentacións/exposicións RA1.
Terase en conta a participación nas diferentes actividades propostas no transcurso das sesións maxistrais e a capacidade de traballo en grupo.
10 A5
B1
Sesión maxistral RA1. RA2

A valoración dos coñecementos adquiridos ao longo do curso realizarase mediante a realización dunha proba final que poderá ser de tipo test ou de resposta curta.
50 A5
B1
C1
Informes/memorias de prácticas RA1. RA2

Prestarase especial atención á explicación dos fundamentos da práctica e á interpretación do significado dos resultados obtidos
20 B6
C4
C5
Probas de tipo test RA1. RA2 0 A5
B1
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As probas de avaliación terán lugar nas seguintes datas:


Fin de carreira: 25 de septembro ás 16h.


1ª edición: 12 de xaneiro ás 16h.


2ª edición: 1 de xullo ás 16h.


A proba final é eliminatoria e será necesario alcanzar o 50% da nota para poder aprobar a materia. Unha vez superada esta proba sumaránselle as demais puntuacións. As puntuacións das demais actividades terán validez ao longo de cada curso académico e serán sumadas á da proba final, tanto na convocatoria oficial coma na extraordinaria.


Os alumnos que, por motivos previamente xustificados, non puidesen asistir a clases deberán realizar o mesmo exame final que os seus compañeiros e unha serie de actividades complementarias, pactadas previamente coa profesora da materia, tendo en conta as peculiaridades do alumno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000