Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Informática: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos farán entregas regulares de pequenos exercicios ou problemas plantexados. 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Cada tema ou bloque de temas terá unha proba de mínimos individual, coa que se pretende comprobar se o alumno alcanzou os obxectivos do dito tema. 65
Outras Actitude e participación. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na avaliación. Esta avaliación aplicarase ao alumnado que asista a un mínimo do 80% das clases presenciais. Se un/ha estudante abandona a avaliación continua tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e non poderá optar na mesma pola modalidade de non asistente.

ALUMNADO NON ASISTENTE

O alumnado será avaliado cun único exame presencial que se realizará na data oficial fixada polo Centro.; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

CONVOCATORIA DE XULLO

O alumnado será avaliado cun único exame presencial que se realizará na data oficial fixada polo Centro.; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000