Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Física: Física
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Física: Física Código O01G260V01102
Titulacion
Grao en Ciencias Ambientais
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física aplicada
Coordinador/a
Tovar Rodríguez, Clara Asunción
Correo-e tovar@uvigo.es
Profesorado
Cerdeiriña Álvarez, Claudio
González Salgado, Diego
Salgueiro Piñeiro, Jose Ramon
Tommasini , Daniele
Tovar Rodríguez, Clara Asunción
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral 1. Introdución á materia e contextualización

1.1. Perfil dos créditos da materia
Esta materia proporciona ó alumno os conceptos básicos da Física que lle serán útiles para a comprensión das restantes materias específicas do campo das Ciencias ambientais. Tamén prepara ó alumno para tratar cientificamente datos experimentais obtidos no laboratorio, e iniciarse no manexo do método científico como ferramenta básica que lle vai permitir coller soltura na descrición e análise dos datos experimentais.

1.2. Situación e relacións no plan de estudios

A materia de Física é unha disciplina de formación básica do primeiro curso do Grao en Ciencias Ambientais, que pertence ao primeiro cuadrimestre e consta de 6 créditos ECTS. Esta materia vaise completar con «Ampliación de Física», que vai ser cursada no segundo cuadrimestre, e que ten os mesmos créditos.
O obxectivo xeral que se persegue coa materia de Física é ofrecerlle ao estudiante unha presentación lóxica e unificada da Física a nivel introductorio, facendo énfase nas ideas básicas que constitúen o fundamento da Física e introducindo o estudiante no método científico, así como no emprego de fontes bibliográficas e técnicas de documentación. Así mesmo, perséguese espertar ou manter no alumno unha actitude de observación científica que o impulse a afondar nos coñecementos da natureza e a desenvolver a súa capacidade crítica, satisfacendo á súa vez o desexo de coñecementos que xa posúa.
Como obxectivos xerais a conseguir coa materia de Física pódense enumerar os seguintes:
1.- Proporcionar ó alumno os conceptos físicos fundamentais para capacitalo no traballo coas diferentes magnitudes escalares e vectoriais.

2. Transmitir ao alumno a importancia da Física pola estreita relación existente coas demais disciplinas, particularmente cos parámetros físicos que vai empregar no futuro para expresar a contaminación ambiental, tanto de fluidos gaseosos como en fase líquida. Tratando sempre de que o alumno adquira unha visión unitaria da materia, hase intentar que esta apareza conectada coas demais disciplinas relacionadas.

3.- Tendo en conta que a Física consiste nun curso que posteriormente, será ampliado na materia do segundo cuadrimestre «Ampliación de Física», é interesante a comunicación co profesorado que impartirá a dita materia para que teña un coñecemento detallado do contido impartido na materia de «Física» e poida así adecuar os contidos axeitadamente.

4. É interesante darlle materia de «Física» unha visión práctica que non pode reducirse unicamente ao traballo de aula. As experiencias no laboratorio han desempeñar un papel esencial na materia, con dous obxectivos fundamentais: o afianzamento nos alumnos dos coñecementos básicos desenvolvidos nas clases teóricas e a adquisición da destreza experimental necesaria para o traballo de laboratorio. O ideal é que o alumno sexa capaz de utilizar a información teórica e experimental adquirida durante o curso para tratar de resolver problemas novos que lle poidan aparecer no futuro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000