Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Avaliación sensorial dos alimentos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación A exposición do traballo será avaliada ata un máximo do 5% tendo en conta a capacidade de exposición e síntese así como manéxo das TIC
5 A3
B1
B3
C13
C19
D5
D7
Seminario Valorarase cun máximo do 40% a colaboración na preparación dos seminarios e a participación nos mesmos. Só valorarase cando se asista á totalidade dos seminarios e se entreguen todos os documentos e fichas de cata utilizados.
40 C13
C19
C21
C24
D11
Prácticas de laboratorio Valorarase cun máximo do 5% a participación e colaboración na realización das prácticas.


5 B1
C13
C19
C21
C23
D11
Traballo tutelado Valorarase cun máximo do 10% o contido do traballo, a dificultade do tema elixido e as fontes de información utilizadas así como a puntualidade na entrega. Estes traballos exporanse na clase e é obrigatoria a asistencia ás exposicións para quedar exento de examinarse deses contidos. Aqueles que non poidan asistir ás exposicións deberán examinarse dos devanditos contidos.

10 B1
C13
Exame de preguntas obxectivas A proba de preguntas obxectivas utilizarase para evaluar os coñecementos teóricos adquiridos por os alumnos. Constarán de preguntas tipo test e preguntas curtas. Para ser valorado en o resto de probas o alumnado deberá obter un 5 sobre 10 nesta proba.

40 A3
B1
B3
C13
C19
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Hai dúas modalidades de avaliación:

1. Avaliación continua

1. Avaliación global

A modalidade de evaluación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicalo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia

Na avaliación continua:

1. A  puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada unha das metodoloxías programadas.

2. É condición indispensable para superar a materia obter un 5 sobre 10 na valoración de cada metodoloxía e ter entregadas todas as actividades docentes propostas. 

3. En caso de non obter unha puntuación igual ou superior a 5 no exame de preguntas curtas, a nota en actas será a do exame, non contabilizando o resto de actividades docentes até superar dita nota.

4.  Isto mesmo se aplicará ao resto de actividades docentes en caso de non alcanzar nalgunha delas unha nota igual ou superior a 5. En actas reflaxarase únicamente a nota desa actividade, ata que se supere o 5.

5. O alumnado que en 1ª convocatoria non alcance a nota mínima establecida para a proba de preguntas curtas (polo menos un 5) se lle guardará a calificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do mesmo curso.

6. Para superar a materia deberán alcanzar un 50% da nota máxima en cada unha das partes avaliables.

Datas de Exámenes:

Fin de Carreira: 26 setembro 2023  16 h

1ª Edición: 03-Abril-2024 10 h

2ª Edición: 10-Xullo-2024 16 h

En caso de erro na transcripción das datas de exámenes, as datas válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no tablón de anuncios e na web do Centro.

Convocatoria fin de carreira: o alumno
que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado úicamente co
exame (que valdrá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou
non aprobalo, será avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000