Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Políticas alimentarias
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A interiorización dos contidos da materia avaliarase ao longo de todo o bimestre mediante cuestionarios de autoevaluación que o alumno deberá resolver e superar ao comezo de cada tema. Estes cuestionarios representarán un 5 % da nota final da materia.

Resultados previstos na materia: RA3, RA4.
5 B4
C8
C17
C18
C19
D11
Seminario O alumno deberá entregar a través das plataformas de teledocencia alomenos un 80 % dos seminarios planificados durante o curso. A realización dos seminarios suporá ata un 15 % da nota final, que incluirá a actitude, a súa participación e os resultados acadados nos mesmos.

Neste punto valorarase tamén a participación voluntaria e activa do alumando que participe no proxecto ApS mediante a valoración do material didáctico elaborado e as horas de dedicación ó proxecto.

Resultados previstos na materia: RA1, RA2, RA3, RA4.
15 B1
B4
C8
C12
C14
C17
C18
C19
C21
C24
D4
D5
D8
D11
Traballo tutelado A elaboración do traballo tutelado suporá ata un 30 % da nota final que incluirá: a participación activa de cada membro do equipo, á asistencia as titorías obrigatorias, o contido e presentación do traballo escrito, e a súa exposición e defensa oral de acordo coas rúbricas establecidas.

Resultados previstos na materia: RA1, RA2, RA5.
30 B1
B2
B4
C8
C12
C14
C21
C24
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame final teórico que representará un 35 % da nota final da materia. Para poder promediar a nota do exame co resto de cualificacións o alumno debe alcanzar obrigatoriamente unha puntuación de 5 sobre 10 no exame.

Resultados previstos na materia: RA3, RA4.
35 B1
B4
C8
C12
C14
C17
C18
C19
C21
C24
D4
D5
D8
D11
Estudo de casos Resolución dun caso práctico que representará un 15 % da nota final da materia. Trátase dunha proba obrigatoria que hai que superar (puntuación de 5 sobre 10) para poder promediar co resto de calificacións.

Resultados previstos na materia: RA2, RA5.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames do curso
académico 2023/2024 serán:

Fin de Carreira: 29 de setembro de 2023, ás 16:00 h 
1ª Convocatoria: 7 de xuño de 2024, ás 10:00 h 
2ª Convocatoria: 15 de xullo de 2024, ás 10:00 h 

En caso de erro na transcrición nas datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do centro. 

O estudantado terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia: avaliación continua ou avaliación global. A avaliación será preferentemente continua. Aquel alumno que desexe acollerse á avaliación global deberá comunicarllo ó coordinador da materia, por correo electrónico ou através da plataforma Moovi, nun plazo inferior a un mes dende a data de comenzo da docencia da materia. 

Os alumnos que se acollan á avaliación global serán calificados tendo en conta a nota do traballo tutelado (30 %), a nota do exame teórico (50 %) e a nota do estudo de casos (20 %). 

Convocatoria Fin de Carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100 % da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos. 

Segunda convocatoria (Xullo): o alumno poderá elexir previamente antes desta convocatoria se quere manter a avaliación continua ou ser avaliado mediante a avaliación global. Se o alumno non manifesta a súa postura antes da data oficial do examen, entenderase que opta pola avalición continua. 

Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados durante as probas de avaliación), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000