Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Hixiene alimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Mediante un exame de preguntas cortas e longas avalíanse as competencias relacionadas cos contidos do programa tratados nas distintas actividades programadas, incluída as leccións maxistrais. É necesario obter unha calificación mínima de 3 (sobre 10) no exame para que se teñan en conta as demais actividades realizadas. 40 A2
B3
C7
C8
C14
C17
C18
C19
C20
D1
D3
Seminario Avalíase a presentación e defensa do traballo monográfico presentado polo alumnado, así como o cumprimento das actividades indicadas na metodoloxía docente.
Alternativamente poderase avaliar neste apartado a participación no Programa de aprendizaxe-servicio MicroMundo@UVigo.
20 C7
C8
C10
C13
C14
C17
C18
C19
C20
Prácticas de laboratorio Avalíanse mediante o seguimento continuo e personalizado das actividades que os estudiantes levan a cabo no laboratorio. É necesario superar as prácticas para que se teñan en conta o resto das actividades. 20 B2
B3
B4
B5
C13
C14
C17
C18
C19
C20
Prácticas con apoio das TIC Cada envio dunha noticia comentada ou dun video comentado bonificase
con 0,25 puntos (ata un máximo de 3 noticias ou videos).
Cada comentario pertinente enviado ós foros bonifícase con 0,1 puntos (ata
un máximo de 10 participacións).
A realización dos cuestionarios depositados na plataforma de teledocencia bonifícase
con 0,25 puntos
20 A2
B3
C7
C8
C10
C14
C17
C18
C19
C20
D1
D3
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación
Continua. Quen desexe a Avaliación Global (o 100% da
calificación nun exame oficial) debe comunicalo á responsable da materia, por email o a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comenzo da
docencia da materia.

Convocatoria fin de carreira: O alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente con exame (que valerá o 100% da nota). No caso de non
asistir a tal exame, o non aprobalo, pasarán a ser evaluados do mesmo xeito co resto de estudiantes.

Os/as estudiantes que xustifiquen documentalmente estar traballando terán
opción de participar en todas as actividades propostas na plataforma de teledocencia, así
como na elaboración do traballo monográfico. No caso de que non poidan asistir a
ningunha sesión de prácticas de laboratorio, propoñeránselles actividades
alternativas. En calquera caso poden renunciar á avaliación continua e
facer un único exame final. Neste caso deberán comunicalo por escrito.

Si un/ha alumno/a non supera a asignatura na súa primeira matrícula, no
seguinte curso académico será considerado como alumno/a novo, excepto na
obrigatoriedade de asistencia ás prácticas de laboratorio.

As datas de exames serán as aprobadas en Xunta de Facultade que para o curso 2023-2024:

Fin de Carreira: 27 de setembro de 2023

1ª edición: 04 de abril de 2024

2ª edición: 11 de xullo de 2024

En
caso de erro na transcripción das datas de exames, as
válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de
anuncios e na web do Centro

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000