Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Hixiene alimentaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

1. MODALIDADE MIXTA: Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da U. de Vigo, tal e como se indique no seu momento por parte das autoridades académicas.

1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
1.1.1. SESIÓN MAXISTRAL: Similar ó modo presencial, dependendo da organización de espazos do centro.
1.1.2. SEMINARIOS: Similar ó modo presencial, dependendo da organización de espazos do centro.
1.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Realizaranse seguindo unha impartición mixta, de tal xeito que os contidos teóricos e os protocolos serán traballados a través do Campus Remoto/ plataforma de teledocencia e no laboratorio levaranse a cabo unicamente os experimentos, baixo a supervisión da docente, con fin de reunir presencialmente grupos cun número de estudantes mínimo.
1.1.4. PRÁCTICAS CON APOIO DAS TIC: Estas actividades xa se levan a cabo dun xeito virtual, tamén na modalidade presencial.

1.2. AVALIACIÓN: Será igual que na docencia presencial, presencial ou virtual, segundo indiquen as autoridades académicas.
1.2.1. FIN DE CARREIRA: Ver apartado na Guía presencial. O exame único de toda a materia, presencial ou virtual, suporá o 100% da nota, salvo que as autoridades académicas indiquen o contrario.
1.2.2. FIN DE BIMESTRE/CUATRIMESTRE: Para ser avaliado do xeito exposto no apartado correspondente da Guía, o estudantado ten que participar en todos os exercicios propostos. Na primeira semana do inicio da materia terán que comunicar por escrito se non van facer un seguimento continuo. Pode renunciarse á avaliación continua e realizar un exame único e final presencial de toda a materia, salvo que as autoridades académicas indiquen que se faga online.
1.2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Nesta oportunidade aplícanse as mesmas regras que na primeira.

1.3. TUTORÍAS: As titorías realizaranse no despacho virtual da profesora, pedindo cita previa a través do correo electrónico da profesora.

1.4. OUTROS ASPECTOS: Será obrigatorio ter no espazo da materia na plataforma de teledocencia unha foto carnet antes da data de comezo das clases.

Recórdase que, como estudante da Universidade de Vigo, comprométese a actuar de modo honesto e ético en todas as actividades organizadas pola Universidade nas que participe. En particular, na realización das tarefas académicas (exames, traballos...) comprométese a non utilizar ningún medio nin dispositivo non autorizado, a non aproveitarse do traballo doutros (copia, plaxio...) e a non recibir axuda non autorizada sexa cal sexa o medio utilizado. O incumprimento destes compromisos poderá ser penalizado.

2. MODALIDADE NON PRESENCIAL: Toda a docencia realizarase a través do Campus Remoto da e/ou plataforma de Teledocencia da U. de Vigo

2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
2.1.1. SESIÓN MAXISTRAL: Na plataforma de teledocencia o estudantado disporá de documentación soporte para o estudo dos temas que se indican nos contidos, así como bibliografìa, material gráfico, lecturas complementarias, enlaces a sitios web de interés, etc. Tamén estarán ó seu dispor cuestionarios de autoavaliación para poder facer un seguimento autónomo da aprendizaxe.
aprendizaxe autónoma. A través do campus remoto manteranse sesións de 50 min para explicacións e dúbidas.
2.1.2. SEMINARIOS: A través da plataforma de teledocencia e do campus remoto proporanse exercicios que terán que ser realizados a distancia polo estudantado.
2.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: As actividades de prácticas serán obrigatorias e realizaranse seguindo os exercicios propostos na plataforma de teledocencia e a través do campus remoto da U Vigo.
2.1.4. PRÁCTICAS CON APOIO DAS TIC: Estas actividades xa se levan a cabo dun xeito virtual, tamén na modalidade presencial.

2.2. AVALIACIÓN: Será igual que na docencia presencial, presencial ou virtual, segundo indiquen as autoridades académicas.
2.2.1. FIN DE CARREIRA: Ver apartado na Guía presencial. O exame único de toda a materia, presencial ou virtual, suporá o 100% da nota, salvo que as autoridades académicas indiquen o contrario.
2.2.2. FIN DE BIMESTRE/CUATRIMESTRE: Para ser avaliado do xeito exposto no apartado correspondente da Guía, o estudantado ten que participar en todos os exercicios propostos. Na primeira semana do inicio da materia terán que comunicar por escrito se non van facer un seguimento continuo. Pode renunciarse á avaliación continua e realizar un exame único e final presencial de toda a materia, salvo que as autoridades académicas indiquen que se faga online.
2.2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Nesta oportunidade aplícanse as mesmas regras que na primeira

2.3. TUTORÍAS: as tutorías realizaránse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor.

2.4. OUTROS ASPECTOS Será obrigatorio ter no espacio da asignatura na plataforma de Teledocencia unha foto carnet antes da data de comenzo das clases.

Recórdase que, como estudante da Universidade de Vigo, comprométese a actuar de modo honesto e ético en todas as actividades organizadas pola Universidade nas que participe. En particular, na realización das tarefas académicas (exames, traballos...) comprométese a non utilizar ningún medio nin dispositivo non autorizado, a non aproveitarse do traballo doutros (copia, plaxio...) e a non recibir axuda non autorizada sexa cal sexa o medio utilizado. O incumprimento destes compromisos poderá ser penalizado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000